Santiago, 2 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que promova un aumento dos controis nas entradas do gando porcino na Comunidade galega, incluídas as que teñen orixe en Portugal, así como intensificar as campañas de prevención e as medidas de bioseguridade das explotacións galegas.
O Parlamento galego solicita facilitar a formación das persoas ao longo da vida a través de contornas dixitais
Santiago, 3 de decembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta a desenvolver ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida utilizando contornas dixitais.
Tellado: “Se Díaz xa coñecía a gravidade do COVID e non dixo nada, debería dimitir; se informou ao Goberno e este non fixo nada, debería dimitir Sánchez”
Di que as afirmacións da vicepresidenta segunda demostrarían que o Executivo central antepuxo os intereses políticos á seguridade das persoas
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico Español
Santiago, 3 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de nacionalistas e socialistas, a través da que se insta ao Goberno de España a elaborar un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico Español dialogado, adecuado á lexislación vixente nas comunidades autónomas e a nivel internacional, e que atenda á realidade patrimonial existente en Galicia.
Promoción dos controis na entrada de gando porcino e a intensificación das campañas de prevención e das medidas de bioseguridade das explotacións
Iniciativa sobre a promoción dos controis na entrada de gando porcino e a intensificación das campañas de prevención e das medidas de bioseguridade das explotacións
Desenvolvemento de ferramentas que faciliten a formación das persoas ao longo da vida para a utilización de tecnoloxías dixitais
Iniciativa sobre o desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia de ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida para a utilización de tecnoloxías dixitais