Santiago, 7 de decembro de 2021- A Comisión 3ª do Parlamento comezou hoxe os traballos para a elaboración do ditame do proxecto de lei de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co debate do articulado e as seccións de Presidencia, Vicepresidencias primeira e segunda e Consellería de Facenda. Ao respecto das emendas ao Articulado, as emendas do Grupo Popular foron aprobadas sen ningún voto en contra da oposición.
O Grupo Popular demanda a Renfe un plan de acción urxente que restableza os horarios e frecuencias suprimidas durante a pandemia da Covid-19
Santiago, 4 de decembro de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que demanda ao Goberno de España un plan de acción urxente e a curto prazo co obxectivo de que se restablezan os servizos horarios e frecuencias suprimidas por Renfe amparándose na pandemia da Covid-19, ademais de procurar unha solución que permita adecuar a oferta á demanda de mobilidade dos galegos que se desprazan en tren cada día entre Ourense e A Coruña ou Santiago, de xeito compatible coas conexións de AVE entre Ourense e Madrid.