O Parlamento galego esixe que o Goberno asuma as indemnizacións aos mariscadores mentres duren as obras de dragaxe da ría do Burgo

Santiago, 10 de decembro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, para que a Xunta se dirixa, unha vez máis, ao Goberno do Estado e lle esixa que se faga cargo das indemnizacións ao colectivo de mariscadores de A Coruña mentres duren as obras de dragaxe da ría do Burgo, cun prazo de execución de 26 meses.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia insta a defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro fronte aos ataques do Goberno central

Santiago, 10 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG nin do PSdeG, a través da que se insta á Xunta a defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro galego e da súa cadea mar-industria fronte aos ataques e obstáculos xurdidos en razón da actuación do Goberno central, desenvolvendo cantas accións sexan necesarias para frear e minorar a inestabilidade e a falla de seguridade xurídica que marca a modificación da Lei de costas a través da Lei de cambio climático; a incoherencia e descoordinación na pesca e comercialización do marraxo; e a indefinición e menoscabo do autogoberno xerado co recurso do Goberno central sobre a orde que regula o Plan Xeral de explotación marisqueira para o período 2021-2023.

Seguir leyendo