Destaca a unidade e a capacidade de decisión do Goberno autonómico e resalta a cordialidade dunha Galicia que sempre aproba as contas a tempo
O Parlamento galego demanda a posta en marcha dunha poxa dixital de gando vacún
Santiago, 17 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a posta en marcha dunha poxa dixital de gando vacún. “Este tipo de lonxas non pretenden substituír os procedementos actuais de venda, pero ofrecen unha sólida canle alternativa con vocación de consolidación no futuro”, manifestou a portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia.
O PPdeG demanda ao Concello de Pontevedra que repoña o persoal da Unidade de Drogodependentes
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos demandou hoxe no Parlamento galego que o Concello de Pontevedra “cumpra as súas obrigas e repoña o persoal que atende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, de xeito que a persoa que actualmente ten destinada a este servizo a Xunta poida volver ao seu posto na Unidade de Prevención do Suicidio”.
Balseiro demanda unha planificación da formación náutico-pesquera para A Mariña da man do sector
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento galego que a Xunta elabore e desenvolva, da man do sector, a planificación da formación náutico-pesqueira para a Mariña lucense, no que se contemple a emisión de certificados de profesionalidade marítimo-pesqueira e a organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias. Así mesmo, avogou por analizar a demanda existente para a implantación nos centros da Mariña de ciclos de formación náutico-pesqueira e da FP-dual, como a que xa está a funcionar en Galicia nesta especialidade.
O Parlamento demanda ao Goberno de España e o Concello mellorar os accesos ao Instituto Feiral de Vigo
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España e ao Concello de Vigo que realicen as obras necesarias que melloren os accesos dende a AP-9 ata o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).
O Parlamento de Galicia demanda a creación dunha Zona Franca no porto de Ferrol e dunha plataforma loxística
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG nin do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central a creación dunha Zona Franca no Porto de Ferrol, con especial tributación, como unha iniciativa clave no impulso da competitividade e o desenvolvemento das actividades industriais, comerciais e de servizo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal; así como unha Plataforma Loxística Intermodal no Porto Exterior e a configuración dunha estrutura de colaboración público-privada que facilite as actividades loxísticas a custo competitivo.
O Parlamento demanda á Xunta a posta en marcha da oficina virtual de orientación e asesoramento xuvenil
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a seguir desenvolvendo o Plan Estratéxico de Xuventude, sobre todo no referente á posta en marcha da oficina virtual de orientación e asesoramento xuvenil.