Santiago, 22 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia reafirmou hoxe, ao cumprirse o 40ª aniversario da súa constitución e a través dunha proposición no de lei do Grupo Popular, que foi votada en contra polo BNG, o seu compromiso e apoio á vixente Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia e, polo tanto, o seu rexeitamento a calquera iniciativa que promova a independencia de Galicia ou de calquera outra comunidade autónoma de España, xa que con iso se pon en risco o marco de convivencia que todos os españois nos demos e que garante o autogoberno de Galicia.
O Parlamento de Galicia demanda que o Goberno central rexeite as medidas do Regulamento de control da pesca que se negocia en Bruxelas
Santiago, 22 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que manifeste, nas negociacións dos trílogos do Regulamento de control da pesca 1224/2009 que se están a levar a cabo en Bruxelas, o rexeitamento ás medidas contempladas no mesmo, especialmente as referentes á pesca costeira artesanal e, de forma específica, as referidas á obrigatoriedade de instalar cámaras a bordo, o diario electrónico de pesca na frota artesanal e a xeolocalización en barcos de máis de catro metros de eslora.
O Grupo Popular defende a frontal oposición da Xunta ao decreto do Goberno central que suprime os exames de recuperación
Santiago, 22 de decembro de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, considerou “lexítimo” que a Xunta de Galicia teña unha frontal oposición ao cambio de regras do xogo que supón o Real-Decreto 984/2021 polo que se regulan a avaliación e a promoción na educación primaria, secundaria, o bacharelato e a formación profesional.
O Grupo Popular critica que os socialistas traian a debate propostas sobre transparencia e corrupción que xa están aprobadas e en execución
Santiago, 22 de decembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Grupo Socialista “traia unha iniciativa para o seu debate sobre transparencia e loita contra a corrupción e todo aquilo que pide xa está aprobado e en execución”.