Santiago, 19 de xaneiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que “Galicia é a primeira comunidade autónoma en revisar e someter a exame todos os entes instrumentais do noso sector público autonómico, actuando sobre 160 entidades, das que se suprimirán 97 e se mellorarán 63”.
O Grupo Popular insiste en que o Goberno de España cumpra o seu compromiso e aporte os 281 millóns que anunciou para Santiago
Santiago, 19 de xaneiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro insistiu hoxe no Parlamento galego en que o Goberno de España “cumpra o compromiso de realizar unha aportación extraordinaria para Santiago de 281 millóns de euros, anunciado na última reunión do Real Padroado e que non ten reflexo nos orzamentos para 2022”.
O PPdeG amosa a disposición da Xunta a trasladarse da xunqueira de Alba sempre que se lle oferten unhas novas dependencias consensuadas e libres de gastos
Santiago, 19 de xaneiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta está disposta ao traslado das súas instalacións na marisma do Alba en Pontevedra, pero apuntou que “corresponde ao Concello ou á administración titular destes terreos ofertar á administración galega unhas novas dependencias, nun emprazamento consensuado e asumindo os custes de construción e traslado”.
Elena Suárez acusa a BNG e PSdeG de “falsear a realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa
Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular, Elena Suárez, acusou hoxe a BNG e PSdeG de realizar un “deliberado falseamento da realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa, xa que “a Xunta xa está levando a cabo actuacións dirixidas á calidade medioambiental con diagnose da situación; investigación científica das causas e adopción de medidas; investimentos en saneamento; axudas aos afectados para paliar a perda de ingresos; e reunións constantes co sector para consensuar as medidas a adoptar”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas para paliar o impacto da suba da luz nas empresas de industria do mar
Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto da suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar, ao tempo que se pide á Xunta que manteña as axudas destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética.