Santiago, 10 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se pide ao Goberno español que concrete a planificación que ten prevista para a adecuación dos anchos de vía ferroviaria existentes no interior de Galicia, especialmente para adaptar a conexión entre Ourense e Santiago ao ancho de vía internacional, tendo en conta os beneficios que iso suporía en canto a maior competencia de operadores e para o conxunto de Galicia.
O Parlamento galego demanda á Xunta rematar o tramo Combarro-Fontela da estrada PO-308 en 2022
Santiago, 10 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar traballando en mellorar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade peonil na estrada PO-308 ao seu paso polo concello de Poio, nomeadamente nos treitos Combarro-Chancelas-Samieira e Combarro-Fontenla, executando este último treito neste ano 2022.
O PPdeG insiste na necesidade de que o Goberno central se implique no proxecto para que o estaleiro de Navantia sexa competitivo
Santiago, 10 de febreiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique incidiu hoxe no Parlamento galego “na necesidade de poñer en marcha o proxecto, que conta cun gran consenso técnico, social e político en Ferrol e que suporá que o estaleiro de Navantia sexa competitivo, que consiste no encargo por parte do Goberno central da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española, iniciar canto antes a construción das fragatas F-110, axilizar o proceso de modernización do estaleiro e impulsar a área de turbinas para o deseño e comercialización de novos produtos destinados a enerxías renovables.