Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.
O PPdeG salienta que o Intecmar incrementou o seu orzamento un 50% desde 2013 e conta coa partida máis alta da súa historia para persoal
Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita o incremento da dotación orzamentaria para elevar o volume de persoal investigador no centro Intecmar durante o ano 2022, co compromiso de facelo mediante contratación estable que manteña estes postos nos seguintes anos.
O Parlamento demanda ao Goberno central que defina os cupos de comercialización de marraxo para 2022
Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España que tome de inmediato unha decisión para definir e determinar os cupos de comercialización do marraxo para 2022 e non xerar así un agravio comparativo para a frota galega respecto doutros países, así como que estenda esta medida con carácter retroactivo para permitir comercializar as capturas efectuadas en 2020 e 2021 nas mesmas circunstancias que os restantes estados membros da Unión Europea.
O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que se reasignen a Galicia os fondos dos plans de rescate que non se executaron
Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular solicitará no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que o Goberno central reasigne a Galicia os preto de 70 millóns de euros dos terceiro e cuarto plans de rescate, que quedaron sen executar polos difíciles requisitos que esixía o Estado, para a posta en marcha dun novo plan de apoio a autónomos e empresas; así como que impulse unha normativa que regule a prestación universal de servizos financeiros básicos ou esenciais, cunha calidade determinada e a un prezo asequible.