O PPdeG critica que o PSdeG perdera a oportunidade de pedir no Pleno ao Goberno central o reintegro a Galicia dos 70 millóns dos plans de rescate

Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lamentou esta mañá no Pleno do Parlamento que os socialistas galegos “perderon unha oportunidade de poñerse ao carón dos intereses de Galicia e dos galegos pedindo con claridade ao Goberno de Pedro Sánchez que devolva á Comunidade galega os 70 millóns de euros que non puideron ser executados ao abeiro do terceiro e cuarto plan de rescate polas condicións inxustas e inaccesibles impostas polo Goberno central”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular insiste en dar prioridade á localización da fábrica de fibras téxtiles na Mariña lucense ou, no seu caso, na provincia de Lugo

Santiago, 22 de febreiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que os socialistas galegos “pretenderan rachar co acordo unánime acadado na pasada sesión plenaria a través do que se solicitaba á Xunta que dea prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España en Galicia, que permitiría pechar o ciclo de produción da madeira nesta Comunidade autónoma, así como que se propicie o seu emprazamento preferentemente na comarca de A Mariña e, se os criterios técnicos non garanten a viabilidade deste emprazamento, na provincia de Lugo”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda o reintegro dos fondos non executados dos 3º e 4º plan de rescate para destinalos a un novo plan de apoio

Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España que os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º plans de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da Covid-19 poidan ser destinados a un novo Plan de apoio para o ano 2022, axustándose o máximo posible á realidade do tecido empresarial galego e incorporando os criterios establecidos polas comunidades autónomas de común acordo co Diálogo Social de Galicia e a Mesa do Emprego Autónomo.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia investigar os casos de abuso sexual a menores no ámbito da Igrexa, da xustiza e das institucións públicas

Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia condenou hoxe por unanimidade os graves casos de abusos sexuais a menores na Igrexa católica, amosando o apoio ás vítimas dos mesmos na súa demanda de verdade, xustiza e reparación. Así mesmo, insta á Xunta a apoiar e colaborar coas investigacións que se leven a cabo no ámbito da Igrexa, da xustiza e das institucións públicas, encamiñadas a coñecer a verdade, a reparar o dano causado e a condenar aos responsábeis destes graves delitos, así como dar soporte e apoio ás vítimas tanto no proceso de denuncia como no tratamento e superación dos danos e secuelas causados polos abusos que sufriron.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central un plan nacional contra a exclusión financeira

Santiago, 22 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable de BNG nin de PSdeG, a través da que se reitera ao Goberno central a necesidade de elaborar un estudo, en colaboración co Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado da Competencia, sobre a situación do mercado financeiro en España que sirva de base para a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso de toda a poboación aos servizos financeiros.

Seguir leyendo