Santiago, 1 de marzo de 2022.- O Grupo Popular centrará as súas iniciativas do Pleno da vindeira semana en consolidar e avanzar na igualdade real entre homes e mulleres, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. En concreto, a través de dúas proposicións non de lei e unha pregunta ao Goberno galego, demandará actuacións en ámbitos como o sociolaboral, discapacidade, medio ambiente, cultura, publicidade ou deporte; así como a modernización dos puntos de encontro familiar ou a posta en marcha do VIII Plan estratéxico para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Aprobado o ditame da Comisión de estudo sobre a seguridade viaria
Santiago, 25 de febreiro de 2022.- A Comisión non permanente especial de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia aprobou hoxe o ditame co voto favorable dos grupos Popular e Socialista, e a abstención do BNG. Este documento queda agora pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria.
O Grupo Popular continuará avanzando na plena igualdade de homes e mulleres con motivo da celebración do 8 de marzo
Santiago, 28 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular incidirá no Parlamento de Galicia na necesidade de seguir traballando e avanzando para conseguir a plena igualdade de oportunidades entre homes e mulleres con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo.