“En 2018 dije que fallarle a Galicia sería como fallarme a mí mismo. Hoy siento que fallarle al PP es fallar a Galicia y al resto de España”, indica.
O Parlamento demanda ao Goberno de España a mellora do servizo e o mantemento das oficinas e unidades de reparto no rural de Correos
Santiago, 2 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que reforce o financiamento do servizo público postal; inclúa a Correos no reparto dos fondos para a recuperación, transformación e resiliencia; actualizar e manter as oficinas auxiliares e unidades de reparto existentes nas zonas rurais; reforzar a capilaridade de Correos ampliando o numero de oficinas, unidades de reparto e centros de tratamento; garantir a cobertura dos postos de traballo estruturais necesarios para dar cobertura e garantir un servizos postal público de calidade, con emprego e dereitos de calidade; e garantir o cumprimento dos parámetros de calidade determinados pola Lei Postal e polo regulamento que regula a prestación do Servizo Postal Universal.
O Grupo Popular oponse a calquera normativa do Estado que implique a supresión dos partidos xudiciais existentes en Galicia
Santiago, 2 de marzo de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento galego a oposición a calquera modificación da normativa ou decisión do Goberno central que poida implicar a supresión dos partidos xudiciais actualmente existentes ou a redución de competencias para a celebración de vistas e práctica de dilixencias e actuacións nas actuais sedes dos partidos xudiciais existentes.