Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez reiterou hoxe no Pleno do Parlamento galego o compromiso do Goberno galego e do Instituto Galego de Estatística (IGE) de elaborar en 2023 unha conta satélite da produción doméstica “coherente e comparable a nivel europeo, cun sistema de recollida de datos fiable e axustada no tempo e no seu custe”.
O Grupo Popular demanda ao Goberno central que axilice as autorizacións para a modernización do regadío da Limia
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta impulse o Plan estratéxico do sector agrario da comarca da Limia, co fin de alcanzar un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos e reducir a concentración de nutrientes nas augas.
O PPdeG contrapón que o BNG critique no Parlamento a instalación de caixeiros automáticos no rural mentres os seus alcaldes recoñecen a disposición deste servizo bancario
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez contrapuxo hoxe a oposición do BNG no Parlamento galego ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp para a instalación de caixeiros automáticos nos concellos galegos que non contan con oficina bancaria e para ofertar un servizo de asistencia financeira aos seus veciños, “cando os seus alcaldes asinan este acordo e recoñecen que lles da un servizo bancario e financeiro sen custe para os seus concellos”.
O Grupo Popular critica que o PSdeG pida que “retrocedamos ao bipartito e apliquemos políticas caducadas de emprego e igualdade para as mulleres”
Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o PSdeG “nos pida que retrocedamos ao tempo do bipartito e apliquemos políticas de emprego e igualdade para as mulleres de hai 16 anos”. “Son políticas que teñen caducado, que obedecen a unha realidade que non existe e que, ademais, xa foron xulgadas polos galegos en catro eleccións consecutivas”, subliñou.
O PPdeG critica a mala conciencia do BNG ao boicotear unha declaración institucional proposta por CC.OO en lembranza do 10 de marzo de 1972
Santiago, 8 de marzo de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro acusou hoxe ao BNG no Pleno de Parlamento galego de intentar “branquear a súa mala conciencia coa declaración do 10 de marzo como Día da clase obreira galega logo de boicotear unha declaración institucional proposta por Comisións Obreiras en apoio e recoñecemento dos feitos que aconteceran nesa data tráxica de 1972 en Ferrol”.
O Parlamento galego demanda á Xunta un programa de medidas que dea resposta ao uso problemático de internet por menores adolescentes
Santiago, 8 de marzo de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha moción a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de medidas, orzamentado con fondos propios, coa finalidade de dar unha resposta efectiva ao uso problemático da internet e das redes sociais por menores adolescentes.
Programas de axudas á inclusión sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de exclusión social
Iniciativa de impulso de actuacións respecto dos programas de axudas á inclusión sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de exclusión social
Continuar desenvolvendo o Plan Emprega Xuventude
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para continuar desenvolvendo o Plan Emprega Xuventude