Santiago, 17 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha, dentro do novo modelo de coidados, o modelo cohousing, pensado para maiores que sexan autónomos ou cun grao de dependencia leve que permite non só manter certa independencia, senón contar ao mesmo tempo cos apoios necesarios para o día a día, minimizando ademais outro problema como o da soidade non desexada.
O Grupo Popular urxe aos concellos de Cangas e Moaña a cesión dos terreos para dotar de novos servizos de urxencias sanitarias
Santiago, 17 de marzo de 2022.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos urxiu hoxe no Parlamento galego aos concellos de Cangas e Moaña a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para dotar de novos servizos de urxencias á comarca do Morrazo. Así mesmo, solicitou que o Goberno galego inclúa na oferta da nova convocatoria da recén creada categoría de facultativo especialista en atención primaria as prazas de difícil cobertura destes dous municipios.