Pedro Puy critica a ausencia do Goberno central ante os problemas do transporte, agrogandería ou pesca e pide que poña en marcha medidas que acompañen ás aprobadas pola Xunta

Santiago, 21 de marzo de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que o Goberno de España “estea ausente” ante os problemas que existen en sectores importantes da economía galega, como o transporte, o agrogandeiro ou o da pesca, e demandou que “poña en marcha medidas que acompañen ás actuacións aprobadas pola Xunta de Galicia axilizando o bono social térmico, blindando o transporte público, aportando liquidez ás empresas agrogandeiras ou suspendendo o pago das taxas portuarias”.

Seguir leyendo