Santiago, 5 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, á que se abstiveron o BNG e o PSdeG, que inclúe 28 medidas, 14 dirixidas ao Goberno de España e outras 14 á Xunta, para facer fronte á crise inflacionista e ás consecuencias derivadas da invasión de Ucraína.
O Grupo Popular critica ao BNG por reclamarlle á Xunta e non ao Goberno rebaixas nas peaxes das autoestradas
Santiago, 5 de abril de 2022.- O deputado do Grupo Popular, Diego Calvo, acusou hoxe no Pleno do Parlamento galego ao BNG de poñer sempre por diante de Galicia os postos de goberno que comparten cos socialistas, os seus socios necesarios, nas deputacións e algúns concellos.
O Parlamento solicita a extensión a todos os centros de saúde de Galicia do protocolo de xestión integral da demanda en equipo
Santiago, 5 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita á Xunta que estenda a todos os centros de atención primaria de Galicia, ao longo do presente ano 2022, o protocolo de xestión integral da demanda en equipo (XIDE) no que se dirixen as consultas de xeito directo ao profesional máis axeitado á necesidade do paciente, garantindo así a súa atención en tempos de resposta determinados segundo sexa a necesidade da consulta inmediata, no día ou ordinaria.