Santiago, 26 de abril de 2022.- O deputado popular Diego Calvo criticou duramente a actitude do BNG e o PSdeG en todo o relativo ao debate parlamentario da Lei de mellora do ciclo integral da auga. Asegurou que acudiron ao pleno “a mentir” e a “rebentar o debate” sen ter lido este texto lexislativo. “Non se pode vir aquí a dicir non porque non, a contradicirse varias veces nunha mesma intervención e a acusar á Xunta de asumir competencias municipais e de non asumilas ao mesmo tempo”, asegurou.
O Pleno do Parlamento aproba a Conta Xeral da Xunta do ano 2019, que acredita un ratio de débeda/PIB 6,2 puntos inferior á media nacional
Santiago, 26 de abril de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente a 2019, elaborada polo Consello de Contas, que pon de manifesto que o Goberno galego executa os seus orzamentos para que funcionen os recursos públicos cun 95 por cento de eficacia.