Di que, coa axuda e co apoio de todos os seus compañeiros, os populares poderán acadar o obxectivo da quinta maioría absoluta
O PPdeG urxe ao Goberno central a aprobación dos PERTE pendentes
Santiago, 6 de maio de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz urxiu hoxe no Parlamento galego que o Goberno central aprobe os PERTE pendentes e as bases das axudas correspondentes a cada un deles, xa que as empresas deberán estudar e presentar os proxectos e o Goberno do Estado deberá analizalos e resolvelos antes do vindeiro 31 de decembro de 2023. “Ogallá me equivoque, pero a experiencia en xestión de fondos europeos lévame a pensar que co procedemento establecido polo Goberno de Pedro Sánchez imos deixar de percibir unha moi importante cantidade de recursos, tan necesarios para as nosas empresas”, sinalou.
O PPdeG salienta que o Dereito da Unión Europea ampara ao Goberno galego na súa oposición á modificación do regulamento de costas
Santiago, 6 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que clarifique o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral.
Clarificación de criterios para autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral
Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da clarificación de criterios para autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral