Santiago, 1 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Parlamento galego que “os mecanismos de transparencia e de bo goberno en Galicia funcionan con total normalidade e plena operatividade”. “Podemos afirmar que os contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e fronte ao uso indebido dos cartos ou do patrimonio público son en Galicia dos máis avanzados”, salientou.
O Parlamento pide ao Goberno central un compromiso firme coas infraestruturas transfronteirizas, como o AVE Vigo-Porto
Santiago, 1 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reivindica ao Goberno de España un compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas como a saída sur de Vigo, o trazado por territorio español do AVE Vigo-Porto, a conexión internacional transfronteiriza entre Macedo de Cavaleiros e A Gudiña, pasando por Vinhais; así como a conexión por estrada entre a AG-31 e a IC-28 pola fronteira da Madalena.
Reivindicación pola Xunta de Galicia ante o Goberno central dun compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas
Iniciativa sobre a reivindicación pola Xunta de Galicia ante o Goberno central dun compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas