O Grupo Popular insiste no Pleno na demanda ao Goberno de España para que convoque a Comisión Mixta de transferencias

Santiago, 14 de xuño de 2022.- A deputada do Grupo Popular Begoña Freire insistiu hoxe no Pleno do Parlamento galego na demanda ao Goberno de España para que convoque a Comisión mixta de transferencia para impulsar o traspaso a Galicia da autoestrada AP-9 e da ordenación do dominio público marítimo-terrestre como cuestións prioritarias xa acordadas polo Goberno galego coas forzas con representación no Parlamento de Galicia.

Seguir leyendo

O Grupo Popular avoga por unha revisión da Lei de montes veciñais en man común de xeito participativo

Santiago, 14 de xuño de 2022.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, avogou hoxe no Pleno do Parlamento galego por unha revisión da Lei de montes veciñais en man común de xeito participativo, incorporando na mesma todas as recomendacións recollidas no ditame da Comisión de estudo da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais, así como do Plan Forestal de Galicia.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que o BNG defenda unha proposición de lei que é unha emenda á totalidade ao modelo de residencias que fan onde gobernan

Santiago, 14 de xuño de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a proposición de lei do BNG sobre residencias de maiores “é unha emenda á totalidade do modelo que nacionalistas e socialistas levan practicando anos alá onde gobernan”, ao tempo que supón “un novo intento do nacionalismo galego por marcar diferenzas co resto de España nun momento no que as comunidades autónomas están traballando co Goberno central un documento de consenso que defina o novo modelo residencial para toda España”.

Seguir leyendo

O PPdeG salienta que a nova Lei de igualdade incorpora un capítulo ao benestar laboral nas organizacións

Santiago, 14 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a nova Lei de igualdade que a Xunta está a tramitar incorpora un capítulo ao benestar laboral nas organizacións, “co obxectivo de seguir progresando na promoción da igualdade a través de disposicións legais que avancen no benestar laboral, vencelladas coa integración da perspectiva de xénero no teletraballo e co fomento da calidade de emprego feminino, ademais da presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de decisión”.

Seguir leyendo