
Santiago, 16 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita continuar ampliando a rede galega de atención temperá mediante a posta en marcha de novas unidades especializadas en previr e tratar trastornos do desenvolvemento en nenas e nenos de ata 6 anos. A deputada popular Noelia Pérez considerou necesario que “se sigan incrementando as unidades de titularidade municipal para dar unha maior cobertura territorial, reducir as listas de agarda e evitar que as familias teñan que desprazarse para recibir este servizo”.


