Santiago, 28 de xuño de 2022.- O proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia continuará a súa tramitación no Parlamento galego logo de que se rexeitara a emenda á totalidade presentada polo BNG. “Esta lei responde a unha necesidade acuciante de asegurar a implantación en Galicia de empresas e evitar a deslocalización”, sinalou a viceportavoz popular, Marta Nóvoa, quen incidiu na necesidade de dotar de “instrumentos máis flexibles que permitan a adaptación ás necesidades cambiantes do tempo”.
Aprobada a Lei de mellora do ciclo integral da auga, que avanza nunha correcta explotación e ofrece apoio aos concellos que o soliciten
Santiago, 28 de xuño de 2022.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe a nova Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, co obxectivo de avanzar nunha correcta explotación das infraestruturas e ofrecer apoio aos concellos que así o soliciten, baixo o principio de coordinación das administracións establecendo instrumentos de cooperación, corresponsabilidade, cofinanciamento e solidariedade interterritorial.
O Grupo Popular salienta que Galicia reducira no último ano un 28% o tempo de espera para a valoración da dependencia
Santiago, 28 de xuño de 2022.- A deputada do Grupo Popular Rosalía López salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta destinará este ano “a cifra récord de 430 millóns de euros para a atención á dependencia” e apuntou que no último ano reduciuse un 28 por cento o tempo que unha persoa agarda por unha valoración da súa situación de dependencia.