O Parlamento galego solicita ao Goberno central celeridade para dar unha solución ao peche á circulación do viaduto do Castro na A-6

Santiago, 29 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que actúe con toda a celeridade posible para dar solución ao problema xerado tras o colapso e peche á circulación do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste, unha das principais vías de entrada e saída de Galicia á Meseta.

Seguir leyendo

O Parlamento esixe ao Goberno central que amplíe o prazo para que os concellos de máis de 5.000 habitantes implanten a recollida de biorresiduos

Santiago, 29 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España que rectifique o disposto na Lei de residuos estatal, ampliando o prazo que teñen os concellos de máis de 5.000 habitantes para implantar a recollida de biorresiduos, seguindo o establecido na directiva europea, que fixa o límite en decembro de 2023.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que a carga de traballo dos xulgados de A Coruña e Vigo se atopa moi lonxe do acordado para establecer gardas de 24 horas

Santiago, 29 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a carga de traballo dos xulgados de A Coruña e Vigo “se atopa moi lonxe dos 3.300 asuntos anuais por xulgado que establece o acordo entre o Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial para establecer unha garda de 24 horas.

Seguir leyendo