Paula Prado e Rosa Quintana visitan a zona portuaria de Porto do Son e participan na constitución da Comisión de Mar dos populares galegos
Pedro Puy salienta que o cambio na Presidencia da Xunta amosa o carácter central do Parlamento na política galega
Santiago, 27 de xullo de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que unha media de dous membros do Goberno galego compareceron cada día desta lexislatura no Parlamento galego. Así mesmo, destacou que no último período de sesións “tivemos ocasión de asistir ao proceso áxil e sen sobresaltos de cambio do Presidente da Xunta á metade da lexislatura, un exemplo de funcionamento axeitado, de rigor e seriedade do Parlamento galego, contradicindo a moitos agoreiros que aventuraban incidentes”.