Santiago, 6 de setembro de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana procederá á aprobación definitiva do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, un documento “ambicioso, vivo e moi útil non só pola transparencia e información que aporta, senón tamén porque deixa claro que temos obxectivos de país e establece o camiño para acadalos”, salientou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
O Grupo Popular solicita un rexistro centralizado onde obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida
Santiago, 6 de setembro de 2022- O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a solicitar que o Goberno de España estude a posibilidade de habilitar un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, para unir aos certificados de últimas vontades ou do rexistro de seguros de cobertura de falecemento, existentes na actualidade.