Santiago, 29 de setembro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ás deputacións de A Coruña e Lugo que, no exercicio das súas competencias legalmente atribuídas, renoven o convenio para dar continuidade aos Grupos de Emerxencia Municipal (GES) das súas provincias, garantindo así a prestación dun servizo esencial para os veciños.
O PPdeG demandará no Congreso a inclusión da Policía Nacional e da Garda Civil como profesión de risco
Paula Prado, Ana Vázquez e Marta González reuníronse co secretario xeral en Galicia do Sindicato Unificado de Policía, Roberto González, e co Comité provincial da organización na Coruña
O PPdeG avoga por unha recuperación da memoria democrática das mulleres completa, extensa e inclusiva
Santiago, 29 de setembro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avogou hoxe no Parlamento de Galicia por “unha recuperación da memoria democrática das mulleres completa, extensa e inclusiva para facer valer o valor de todas as mulleres que foron quen de traernos ata onde hoxe estamos”.
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno central unha serie de cuestións de especial interese para Galicia en materia europea
Santiago, 28 de setembro de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que incorpore na súa axenda de cuestións a tratar co Goberno alemán no cumio de A Coruña e no programa de traballo para a Presidencia española do Consello da Unión Europea de 2023 temas de interese para Galicia en materias como os fondos europeos, a pesca, o medio rural, a cultura, a enerxía, os transportes, a demografía e o despoboamento, a política exterior, as relacións con América e a defensa.