O Parlamento galego pide a Xunta e Goberno central que faciliten a tramitación dos parques eólicos necesarios para a planta de Alcoa

9 de novembro de 2022. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, transaccionada entre o Grupo Popular e o PSdeG, pero que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a facilitar a tramitación dos parques eólicos que sexan necesarios e cumpran a normativa para que o prezo da enerxía sexa competitivo para a planta de Alcoa en San Cibrao.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que avance na modernización dos treitos ferroviarios entre Vigo e Porto

9 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que avance, de xeito inequívoco, na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-fronteira portuguesa, tanto no ámbito administrativo como orzamentario, empezando por incluír partidas con esta fin nas contas de 2023, que permita acompasar os tempos á planificación prevista polo Goberno de Portugal e que fixa en 2030 a chegada do AVE a Valença.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Goberno central que amplíe os prazos para desenvolver proxectos eólicos viables

9 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España que amplíe os prazos sinalados no Real Decreto-Lei 23/2020 para facilitar o desenvolvemento dos proxectos eólicos viables que proporcionen oportunidades para mellorar a calidade de vida dos galegos e a competitividade da industria galega.

Seguir leyendo