O Partido Popular de Galicia presentará nos concellos galegos unha moción con motivo da conmemoración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro, coa que os populares pretenden avanzar, desde o ámbito local, na prevención da violencia de xénero, no tratamento das súas vítimas e na súa erradicación completa.
O PPdeG presentará iniciativas no Parlamento de Galicia e nos concellos para “pedir que non se rebaixen as penas no delito de sedición e se cumpra a Constitución”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que a modificación do Código Penal para rebaixar a pena do delito de sedición é “unha das peaxes que o Goberno de España ten que pagar aos independentistas cataláns a cambio dos seus favores para que Pedro Sánchez poida seguir na Moncloa”