21 de novembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas “busca facilitar a axenda do Goberno galego e a correcta execución das medidas incluídas nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano”.
Pedro Puy amosa a disposición do Grupo Popular a aceptar emendas da oposición aos orzamentos que incidan en apoiar ás familias e ás empresas
21 de novembro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou esta mañá no Pleno do Parlamento galego “a nosa plena disposición a escoitar e aceptar as emendas aos orzamentos da Xunta para 2023 que incidan no obxectivo común de apoiar ás familias que máis o precisan, ás empresas, a impulsar o crecemento, a garantir do Estado do Benestar, á transformación da nosa economía e a seguir converxendo con España e Europa”.
O PPdeG valora positivamente o traballo desenvolvido pola Xunta na COP27: “Foi unha excelente oportunidade para presentar ante o mundo a folla de ruta de Galicia na loita contra o cambio climático”
O Partido Popular de Galicia valora positivamente o traballo desenvolvido pola Xunta na 27ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP27) na medida en que este evento supuxo “unha excelente oportunidade para presentar ante o mundo a folla de ruta na que Galicia leva anos traballando para loita contra o cambio climático”.