14 de decembro de 2022. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, avogou hoxe no Parlamento de Galicia porque o novo Plan de Residuos 2022-2030 da Xunta contemple a asistencia aos concellos no modelo de financiación máis axeitado ao seu contexto de xeración de lixo, para asegurar que se sufraga o custo real do servizo, tal e como establece a lei estatal de residuos e solos contaminados.
O PPdeG afirma que a Xunta impulsará novas medidas que potencien a protección natural e as actividades tradicionais na Rede Natura 2000
14 de decembro de 2022. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “vai impulsar o recoñecemento de novas medidas de xestión da Rede Natura 2000 en Galicia co fin de potenciar a compatibilidade entre a imprescindible protección natural destes espazos e aquelas actividades tradicionais ligadas ao territorio, que xogan un papel clave para garantir a preservación dos seus hábitats”.