O Parlamento galego pide actuacións enerxéticas ao Goberno central para garantir a viabilidade e competitividade de empresas en Galicia

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG, a través da que se solicitan ao Goberno central diversas actuacións enerxéticas para garantir a viabilidade e competitividade de empresas como Alcoa en San Cibrao uo Stellantis en Vigo, e facilitar que novos proxectos como Altri en Palas de Rei, Showa Denko en A Coruña ou Sentury e a planta de hidróxeno de Reganosa e EDP en As Pontes se convertan nunha realidade.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia no Pleno pedir ao Goberno central que non permita a suba de peaxes da AP-9 e da AP-53

O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se pide ao Goberno central que non permita a suba das peaxes da AP-9 e AP-53, pola súa incidencia moi negativa nas economías familiares e en sectores económicos estratéxicos nun contexto de suba desmesurada dos prezos. “Non estamos a pedir algo imposible, porque o Goberno de Pedro Sánchez tan só debe seguir o exemplo marcado polo Goberno galego nas autoestradas da súa titularidade, conxelando as peaxes para evitar unha suba moi negativa para as economías familiares e para sectores estratéxicos como o transporte”, indicou o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia pide elaborar un Plan galego de prevención do cancro de pulmón

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta a elaborar un Plan galego de prevención do cancro de pulmón no que se empreguen métodos innovadores de detección para facer deste programa unha iniciativa pioneira a nivel estatal. “Este tipo de cancro é o terceiro en frecuencia, detectándose cada ano arredor de 30.000 novos casos en toda España, pero se sitúa como a primeira causa de morte por cancro, estimándose que está detrás de máis de 22.000 falecementos cada ano”, explicou a deputada popular Marta Rodríguez-Vispo.

Seguir leyendo