11 de xaneiro de 2023. Durante a visita realizada a unha explotación gandeira xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia, o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular alertou da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo. Lembrando que se Pedro Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.
Os deputados galegos do PP esixen “certeza” e “compromiso” do Goberno central cos prazos de chegada dos trens de alta velocidade a toda Galicia
11 de xaneiro de 2023. Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso veñen de rexistrar unha pregunta dirixida ao Goberno para que concrete a data exacta do 2023 na que está previsto que os trens Avril, de alta velocidade, comecen a prestar servizos comerciais na liña de alta velocidade Madrid-Galicia.