24 de xaneiro de 2023. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento galego que “todos os acordos e resolucións adoptados polo Goberno galego en desenvolvemento e execución do concurso eólico de 2010 compren estritamente coa legalidade, e así o avalan todos os informes emitidos pola Asesoría Xurídica da Xunta”.
O Grupo Popular salienta que Galicia é pioneira no impulso dun modelo de coidado aos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano
24 de xaneiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia está a ser pioneira no impulso dun modelo de coidado aos nosos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano”. “A todos nos gustaría que os avances foran máis rápidos, pero non basta con desexalo senón que precisamos do esforzo e colaboración de todos para conseguilo”, apuntou.
Alfonso Rueda: “Debemos recordar á xente que cada voto ao candidato socialista de Vigo é un voto a favor de Pedro Sánchez e da súa política”
24 de xaneiro de 2023. O presidente do PPdeG animou aos populares vigueses a “ser valentes” e a “seguir traballando” ante a “enorme oportunidade” que supoñen as eleccións municipais do 28 de maio: “Queremos mellorar e sabemos que é posible”.