5 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe nunha entrevista en Radio Nacional de España que “todo o desenvolvemento do sector eólico que está a facer a Xunta de Galicia realízase polas canles que marca a Lei e co beneplácito da Asesoría Xurídica”.
O PPdeG pedirá no Pleno que o Goberno central amplíe aos 72 anos a idade de xubilación activa mellorada para médicos de familia e pediatras
5 de febreiro de 2023. O Grupo Popular pedirá no Pleno deste semana que o Goberno central impulse as modificacións legais oportunas para que o novo réxime de xubilación activa mellorada para médicos de familia e pediatras de atención primaria poida aplicarse a estes profesionais ata os 72 anos de idade.