6 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia reclama a Pedro Sánchez que pida perdón pola dor “irreparable” que se lle está infrinxindo ás vítimas cada vez que un agresor sexual ve reducida a súa pena ou sae da cárcere como consecuencia da aplicación da Lei do só si é si.
Pedro Puy lamenta que BNG e PSdeG non apoiaran ningunha das medidas impulsadas polo Goberno galego en beneficio da sanidade pública
6 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou hoxe que BNG e PSdeG “no apoiaran ningunha das medidas” propostas polo Goberno galego en beneficio da sanidade pública galega, porque están “máis preocupados por convocar manifestacións ou descualificar aos directivos da sanidade galega”.
Rafa Domínguez avanza ao empresariado pontevedrés as ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”
6 de febreiro de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou hoxe ante o empresariado pontevedrés e acompañado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, as propostas e ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”.