28 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España que defenda ante as institucións comunitarias o establecemento dun continxente arancelario autónomo de lombos de atún de 55.000 toneladas ao 0% do arancel para o próximo período 2024-2026.
O Parlamento de Galicia manifesta o seu desacordo coa visión ecoloxista radical en detrimento da pesca existente na Unión Europea
28 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, que tivo o voto en contra do BNG, manifestou hoxe o seu desacordo co feito de que na Unión Europea prevaleza unha visión ecoloxista radical en detrimento dos intereses do sector pesqueiro e das comunidades costeiras.
O Grupo Popular afirma que a Xunta atenderá todas as solicitudes de axuda para realizar investimentos que fomenten a pesca sustentable
28 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Elena Suárez lembrou hoxe no Parlamento de Galicia que “a Xunta atenderá todas as solicitudes de axuda para realizar investimentos que fomenten a pesca sustentable, do mesmo xeito que fixo noutros anos con aquelas demandas que cumprían os requisitos establecidos”.