30 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar coa implantación dos plans locais de saúde en todo o territorio galego, que na actualidade xa chegan a 43 centros de saúde de toda Galicia.
O Grupo Popular afirma que ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está colapsado ou en risco de colapso
30 de marzo de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que “ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está nin colapsado nin en risco de colapso”.
O Grupo Popular lamenta que PSdeG e BNG sexan “os maiores inimigos da empresa e da industria galega”
30 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez criticou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “queiran dar leccións ao PPdeG de apoio ao tecido empresarial cando son os maiores inimigos da empresa e a industria galega”.
Rubén Lorenzo garante que todos os alumnos do centro Aspaber en Carballo terán unha praza educativa o vindeiro curso 2023-2024
30 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular e candidato do PP á Alcaldía de Carballo, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta garante unha praza educativa a todos os alumnos do centro de educación especial de Aspaber, logo de que os xestores deste centro privado-concertado decidiran unilateralmente o cese desta actividade educativa o vindeiro curso 2023-2024.