O Parlamento galego pide por unanimidade ao Goberno central que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes

26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes e materialice os compromisos pendentes coas veciñas e veciños deste municipio, en particular, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado por Ferrol, dirixido á reactivación económica e social da cidade e das comarcas de referencia; dotando dos orzamentos necesarios para desenvolver con urxencia infraestruturas para modernizar as instalacións de Navantia Ferrol, nomeadamente, a construción dun dique seco que permita poñer en marcha o estaleiro 4.0; e estendendo a Ferrol os beneficios da alta velocidade, logrando a inclusión da liña Coruña-Ferrol no corredor atlántico de mercadorías, ademais da imprescindible modernización da liña Ferrol-Ribadeo.

Seguir leyendo

O Parlamento galego solicita ao Goberno de España medidas para superar as deficiencias existentes no servizo de atención ao público nas oficinas da Seguridade Social

26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adopte as medidas de reforzo necesarias para superar, de xeito inmediato, as deficiencias apreciadas nos servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social, de tal xeito que se garanta un servizo público efectivo e de calidade.

Seguir leyendo