O Pleno da vindeira semana incluirá o debate de aprobación definitiva da nova Lei reguladora dos xogos de Galicia

19 de xuño de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana incluirá o debate de aprobación da Lei reguladora dos xogos de Galicia, unha norma que incorporou “modificacións na súa tramitación parlamentaria que axudaron a mellorala, sumando novas medidas de prevención e cambiando determinados aspectos na redacción que contribúen a facelo máis sinxelo e comprensible”.

Seguir leyendo