O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG “sigan co mesmo mantra de cada ano alarmando sobre a dotación de recursos humanos e materiais na sanidade nos meses de verán”

22 de xuño de 2023. A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, criticou hoxe no Parlamento de Galicia que BNG e PSdeG “sigan co mesmo mantra de cada ano alarmando sobre a dotación de recursos humanos e materiais para a atención sanitaria nestes meses veraniegos, en vez de facer políticas sanitarias máis construtivas e produtivas”.

Seguir leyendo

O Parlamento pide que a Unión Europea incorpore os criterios de envellecemento e dispersión para a declaración de zonas escasamente poboadas

22 de xuño de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que solicite da Unión Europea a necesidade de ampliar os criterios que se teñen en conta para a declaración de zona escasamente poboada, incorporando a taxa de envellecemento, a dispersión poboacional, entre outros, de tal xeito que Galicia poida ter acceso aos beneficios e recursos públicos que esta consideración trae aparellados.

Seguir leyendo