26 de xuño de 2023. O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia a proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos deputados, de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, unha vez que o texto lexislativo que se estaba a tramitar na Cámara Baixa decaeu a consecuencia da convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 23 de xullo.
Os cinco novos deputados do Grupo Popular xuran ou prometen mañá o seu cargo no Pleno
26 de xuño de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia que se celebra mañá acollerá o xura ou promesa dos cinco novos deputados do Grupo Popular, que veñen substituír aos catro que saíron elixidos alcaldes e á nova secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.