4 de xullo de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou que o PSdeG rachara hoxe no Pleno do Parlamento galego o consenso existente nos últimos anos nos asuntos relacionados coa loita contra a violencia machista.
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de ordenación e xestión do litoral, que desenvolve a competencia recoñecida no Estatuto de Autonomía
4 de xullo de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, coa abstención tanto de BNG como de PSdeG, a nova Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, “coa que Galicia asume novas cotas de autogoberno, desenvolvendo lexislativamente a competencia sobre o ordenamento do noso litoral recoñecida no Estatuto de Autonomía”, manifestou o viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.