O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta que incremente nos orzamentos de 2024 a partida económica destinada ao Plan de Pastos de Galicia, co fin de continuar coa súa extensión; e as achegas destinadas ao funcionamento e traballo das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADGS).
O PPdeG reivindica aos seus 27 deputados e senadores como a mellor garantía de que a voz de Galicia se vai oír e ter en conta nas Cortes Xerais
O PPdeG reivindicou hoxe aos seus 27 deputados e senadores como a mellor garantía de que a voz de Galicia se vai oír e ter en conta nas Cortes Xerais e, neste sentido, desde a formación amósanse convencidos de que estes homes e mulleres devolverán con creces a confianza que a maioría dos galegos depositaron neles.