O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a remisión á Xunta, no prazo dun ano, das reproducións de toda a documentación eclesiástica, pía e asistencial galega que obra no poder do Estado froito das desamortizacións do século XIX, co obxectivo de poñelas a disposición dos investigadores galegos nas institucións correspondentes.
O Parlamento de Galicia pide dotar aos centros educativos de ferramentas contra o acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se pide á Xunta que dote aos centros educativos de Galicia de mecanismos e ferramentas que axuden á prevención, denuncia e tratamento de calquera situación contraria á convivencia, con especial atención ao acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos.