O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que axilice a obra de reparación da estrada N-642, vía vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense, de tal xeito que se finalicen con carácter de urxencia os traballos pendentes no treito afectado polo socavón aparecido no mes de xaneiro e se garanta a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade.
Paula Prado reivindica que o PPdeG goberna no 60% dos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes: “O presidente Rueda demostra cada día que está no rural”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reivindicou hoxe á súa formación como “o partido que máis e mellor representa aos pequenos concellos do rural”, indicando que os populares gobernan actualmente no 60% dos municipios de menos de 5.000 habitantes: “6 de cada 10 galegos benefícianse do bo facer na xestión que nos caracteriza”.