O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se pide á Xunta realizar un estudo sobre a posible incorporación progresiva e sistemática da figura do óptico e optometrista no Servizo Galego de Saúde, tendo en conta as avaliacións sobre o tema realizadas polos colectivos implicados. Así mesmo, solicítase diálogo co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas para avaliar posibles modificacións no convenio para facilitar a atención aos cidadáns nos establecementos.
O Parlamento pide que nos partos por cesárea se permita en todas as áreas sanitarias o acompañamento da persoa que a nai decida
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar unha guía que homoxeneice en todas as áreas sanitarias galegas o protocolo de atención aos nacementos por cesárea para permitir o acompañamento no parto da persoa que a nai decida e para posibilitar o contacto pel con pel continuado co recén nado.