O Parlamento de Galicia esixe ao Goberno de España o traspaso inmediato dos medios materiais e persoais para xestionar a costa galega

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España o traspaso inmediato dos medios materiais e persoais para xestionar a costa e, deste xeito, estar en disposición de poder outorgar as concesións correspondentes. O portavoz popular, Alberto Pazos, fixo un chamamento “á reflexión a todos aqueles que antepuxeron os seus intereses electorais á defensa do interese xeral de Galicia, cuestionando incluso o recollido no Estatuto de Autonomía”.

“Galicia, logo da sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 23 de abril, xa é dona do futuro do seu litoral, polo que chegou o momento de aceptar que son as institucións galegas as que deben asumir a ordenación do noso litoral e polo tanto corresponde traspasar ao Goberno galego os instrumentos necesarios para poder exercer esa competencia de forma efectiva”, manifestou Alberto Pazos.

Na súa intervención, indicou que este traspaso de medios humanos e materiais “debería producirse sen necesidade de aumentar a discriminación que xa tivemos que sufrir os galegos”, porque, segundo lembrou, “basta comprobar o distinto tratamento que recibimos galegos e vascos nesta materia tendo redaccións de estatuto idénticas”.

CALENDARIO DE ACTUACIÓN

Alberto Pazos lembrou que o Goberno de Alfonso Rueda acordou no Consello da Xunta celebrado onte un calendario de actuación a través do que se solicita oficialmente o traspaso efectivo das competencias sobre o litoral a través da convocatoria da Comisión Mixta de transferencias, o impulso da Comisión interdepartamental de coordinación dos organismos autonómicos implicados, a posta en marcha do Foro do Litoral e realización de actuacións estratéxicas vinculadas a usos costeiros que xeren valor e cohesión.

“O Partido Popular de Galicia alcanzou nas últimas eleccións autonómicas un pacto cos galegos para seguir impulsando esa Galicia que non para e que inclúe converternos na primeira comunidade autónoma de España que regula mediante lei o seu litoral”, subliñou o portavoz popular, quen incidiu que “non queremos ser máis que ninguén, nin aceptamos sen menos que ninguén”.

Para rematar, Pazos amosou a súa sorpresa porque o BNG “insista nunha proposta que xa cualificamos en dúas ocasións de inxusta, innecesaria e ilegal, porque propoñen a realización dun trámite no Congreso que non necesitaron outras comunidades autónomas, xa que bastaría cun Real-Decreto para facer a transferencia; e aluden ao artigo 150.2 da Constitución, que non pode utilizarse para o traspaso de medios para o exercicio dunha competencia autonómica”.

O Parlamento pide ao Goberno de España a dotación dos trens Avril suficientes para garantir que o AVE chegue a todas as cidades galegas

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a dotación, canto antes, dos trens Avril na Comunidade galega, en número suficiente para garantir que o AVE chegue ao resto das cidades galegas e que veñan acompañados dunha mellor oferta de frecuencias que garantan uns servizos de calidade e competitivos.

O deputado popular Gonzalo Trenor lembrou que a última data anunciada polo Goberno de Pedro Sánchez para a chegada dos tren Avril a Galicia é o vindeiro 21 de maio, “unha entrada en funcionamento vital porque estas unidades de trens de ancho desprazable son a única opción para que a alta velocidade, ademais de á cidade de Ourense, preste servizos nas cidades de A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra”. Ademais, concretou que, “avalados pola análise feita, Galicia precisa de 7 unidades para acadar unha conexión competitiva con Madrid”.

SITUACIÓN DEFICIENTE DOS SERVIZOS FERROVIARIOS

“Hai que apostar pola alta velocidade, pero sen desatender os servizos ferroviarios convencionais, que teñen unha importancia capital para garantir a mobilidade dos cidadáns e para revitalizar e vertebrar o interior de Galicia”, sinalou Trenor, para o que considerou “preciso mellorar as infraestruturas ferroviarias, modernizando as instalacións e os trens, ampliar a oferta de prazas, contar co persoal cualificado necesario, así como impulsar a intermodalidade para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, adaptado ás súas necesidades”.

Gonzalo Trenor lamentou que, “en xeral, os servizos ferroviarios en Galicia están nunha situación cando menos deficiente, do que é un exemplo significativo de precariedade a liña Ferrol-Ribadeo-Xixón e a Liña Vigo-Ourense, ademais dos continuos problemas que se están a dar na liña A Coruña-Vigo”.

Así mesmo, o deputado popular denunciou a falta de investimento por parte do Goberno central na mellora da rede ferroviaria en Galicia e citou, a modo de exemplo, a modernización do tren Ferrol-A Coruña, a execución da variante por Cerdedo ou a saída sur, que é imprescindible para o AVE Vigo-Porto que tanto tempo levamos reclamando”.

Para rematar, Trenor amosou a “necesidade de que a oferta dos servizos ferroviarios en Galicia responda á demanda dos galegos, e que esa oferta de servizos de tren garanta o seu dereito á mobilidade”, para o que insistiu no “restablecemento de todos os servizos que o Goberno central suprimiu amparándose na pandemia provocada pola Covid-19, tanto o que atinxe ás conexións interiores como ás conexións de Galicia con outras comunidades autónomas”.

O Grupo Popular apoia no Parlamento galego rexeitar a situación de bloqueo que está a sufrir o Consello Xeral do Poder Xudicial

O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se rexeita a situación de bloqueo que está a sufrir o Consello Xeral do Poder Xudicial e se manifesta aos grupos políticos con representación nas Cortes a obriga de cumprimento inmediato da Carta Magna.

“Poderán contar co Partido Popular cando se trate de favorecer a independencia do Poder Xudicial, a despolitización no proceso de elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial e o respecto aos xuíces e maxistrados”, asegurou a viceportavoz popular, Paula Prado, quen apuntou que “nunca contarán con nós cando se trate de ameazar e insultar a quen administra a Xustiza, nin para debilitar o Estado de Dereito nin para romper co marco de convivencia constitucional e co principio de igualdade dos españois”.

ASALTAR A XUSTIZA

Paula Prado explicou que os 8 xuíces e maxistrados que integran o Consello Xeral do Poder Xudicial, a proposta do Congreso e do Senado, son elixidos por unha maioría de tres quintos, é dicir, necesítase o voto favorable de 210 deputados. Por este motivo, cuestionou aos socialistas “como pode ser que o PP, con 89 ou 137 deputados nas últimas lexislaturas, poida exercer un bloqueo deste órgano para o que son necesarios 141 votos en contra?”.

Ademais, Prado sinalou que “dificilmente se pode chegar a un acordo cun socialismo que se ten podemizado ata o extremo de que fai súas as consignas de Pablo Iglesias”. Así, acusou a Pedro Sánchez de intentar asaltar a Xustiza de España, “colocando como maxistrados do Tribunal Constitucional a quen fora ministro de Xustiza e a dous asesores do seu Goberno; nomeando a Dolores Delgado, logo de ser ministra de Xustiza, como fiscal xeral do Estado; a mesma Dolores Delgado á que por dúas veces o Tribunal Supremo anulou o seu nomeamento polo fiscal xeral do Estado, primeiro como fiscal de Sala do Militar e, máis recentemente, como fiscal de Memoria Democrática; lexislando á carta dos seus socios, derrogando o delito de sedición, rebaixando as penas por malversación e aprobando unha amnistía que cuestiona as sentenzas que no seu día adoptaron os xuíces do procés; ou asinando un acordo de investidura no que se fala abertamente de lawfare e que implicaría o sometemento da Xustiza ao poder político”.

O Grupo Popular afirma que a CRTVG precisa adaptar a súa lei á nova realidade dixital con grandes cambios tecnolóxicos e de normativa nos últimos anos

A deputada do Grupo Popular Carmen Pomar afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) “precisa adaptar a súa lei á realidade dixital, con grandes cambios tecnolóxicos e de normativa nos últimos anos, cunha nova lei de comunicación audiovisual, unha directiva europea de servizos audiovisuais e unha lei europea de liberdade dos medios de comunicación”.

Carmen Pomar manifestou que “son moitos os retos nun mercado tan complexo como é o do audiovisual para manter a competitividade e ofrecer o mellor servizo público, dando resposta ás demandas da cidadanía, que ten mudado de hábitos e de xeitos de consumo audiovisual”.

RESPECTO AOS TRABALLADORES

Porén, lamentou que para BNG e PSdeG “nada disto é importante, non lles preocupa o futuro dos medios públicos galegos e só intentan desacreditalos e danar a súa imaxe”. “Non teñen, nin antes nin agora, o máis mínimo respecto polos traballadores da CRTVG, aos que consideran xornalistas que se deixan manipular, tratan de vetar a moderadores en debates, atácanos en redes sociais e aproveitan calquera plataforma ou institución para cuestionar a súa credibilidade”, indicou.

Carmen Pomar criticou “o novo episodio vivido hoxe no Pleno do Parlamento galego da campaña de deslexitimación da CRTVG por parte do BNG, unha campaña coa que tenta coaccionar e interferir nun medio de comunicación poñendo en marcha a súa factoría de bulos e desinformación”. Neste sentido, asegurou que “non existe unha soa sentenza, resolución ou ditame que respalde as súas acusacións de suposta manipulación, e os tribunais deron a razón á CRTVG nas demandas presentadas por varios traballadores que sostiñan que o seu traslado respondían a represalias”.

Así mesmo, acusou aos socialistas galegos de “querer converter a CRTVG unha CRTVE que é capaz de poñer o seu prime time ao servizo de Pedro Sánchez ao rematar os seus cinco días de autoreflexión”. “A súa aspiración é colocar á fronte da CRTVG a un socialista con carné, con fixeron na CRTVE, e colonizar así unha institución máis situando a algún amigo, como na Axencia EFE, no CIS, o Consello de Estado, a Fiscalía ou en tantos outros organismos”, engadiu.

O Grupo Popular insiste que profesionais das administracións públicas, cualificados e independentes, valorarán se o proxecto de Altri cumpre a normativa vixente

O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor insistiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que “valorar que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre a normativa vixente corresponde a un órgano técnico composto por profesionais das administracións públicas, todos eles moi cualificados e que traballan con total independencia”, polo que manifestou que “pedir, como fai o BNG, que se informe positiva ou negativamente con anterioridade sería prevaricar”.

Gonzalo Trenor dixo que “os do BNG son os do non, os da mentira, os das fotos falsas, os das fake news e os dos bulos”, polo que pediu que “se deixe traballar con tranquilidade, obxectividade, rigor e imparcialidade ao persoal das distintas consellerías, que teñen moito que analizar para poder asegurar que o proxecto de Altri cumpre toda a normativa vixente”.

Ao longo da súa intervención, o deputado popular lamentou “as incontables mentiras que desde o BNG se están a lanzar sobre este proxecto industrial”. Así, negou que a Xunta estea a promover o proxecto de Altri en Palas de Rei, “porque se trata dunha iniciativa privada dunha empresa e o único que fai a Xunta é promover e incentivar o crecemento económico apoiando proxectos industriais, sempre e cando sexan respectuosos co medio ambiente e creen riqueza e emprego de calidade”.

“Menten cando falan de dimensións xigantescas da factoría con 366 hectáreas, cando a realidade é que a superficie que terá a fábrica será menos dun terzo do que afirman; ou cando aseguran que impactará no ámbito de protección BIC do Camiño de Santiago, cando o punto máis próximo á ruta xacobea sitúase a tres quilómetros da planta”, sinalou.

O Grupo Popular salienta que todos os concellos galegos que soliciten atención temperá contarán coa axuda da Xunta, que paga o 100 por cento das horas do servizo

A deputada do Grupo Popular Raquel Arias salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “todos os concellos que solicitaron unha unidade de atención temperá contan coa axuda da Xunta, que paga o cento por cento das horas do servizo”.

Raquel Arias manifestou que “apostar pola atención temperá é fundamental para identificar e para actuar de maneira precoz sobre os trastornos que poden sufrir no seu desenvolvemento os nenos, desde que nacen ata os seis anos”. Deste xeito, lembrou que Galicia pasou de contar en 2009 con dúas unidades, que atendían a 16 concellos e 160 nenos, ás 46 unidades existentes na actualidade, que prestan servizo a máis de 5.000 menores.

“Pero non nos conformamos, porque non o estaremos ata que exista unha atención do 100 por cento das necesidades, e por iso os orzamentos da Xunta para esta finalidade incrementáronse un 60 por cento respecto ao ano anterior, pasando dos 5 aos 8 millóns de euros”, concretou.

CUMPRIR TAMÉN COA DEPENDENCIA

Por outra banda, a deputada popular criticou que a interpelación realizada polos socialistas no último Pleno sobre a dependencia, da que deriva a moción debatida hoxe, “non teñen absolutamente nada que ver, o que pon de manifesto que a situación dos dependentes en Galicia non lles interesa nada”. “O único que pretendían era deixar en evidencia á Xunta, e como os datos que lles facilitou a conselleira son moi tozudos e contundentes, sacáronse da manga outro tema importante pero que nada ten que ver co tratado na interpelación”, indicou.

Así, Raquel Arias destacou que “o Goberno de Alfonso Rueda cumpre os seus compromisos e nos 100 primeiros días do novo Goberno galego xa impulsou máis de 1.100 novas prazas de residencias e centros de maiores por toda Galicia, nas cidades e tamén no rural”. “Ao mesmo tempo, puxo en marcha o bono coidado no fogar, que xa beneficia a máis de 18.000 dependentes galegos”, apuntou.

“O PSdeG non quere oír falar de dependencia, porque non quere escoitar que desde 2009 o número de dependentes atendidos se multiplicou por cinco; as prazas de residencias se multiplicaron por tres; as prazas en centros de día, por seis; ou as persoas atendidas polo servizo de axuda no fogar se multiplicaron por oito; ademais de crear 123 casas do maior”, manifestou.

O PPdeG asegura que a xestión da pandemia da Xunta foi exemplar e non existe un so motivo para cuestionar as contratacións de emerxencia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, subliñou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “a xestión da pandemia da Xunta foi exemplar”, polo que “non existe nin un so motivo para cuestionar as contratacións de emerxencia realizadas durante a pandemia”. Neste sentido, criticou que o BNG “se dedique a espallar infundios en lugar de activar o mecanismo regulamentario do que dispón o seu grupo parlamentario para crear automaticamente unha comisión de investigación”. “Hai 9 anos que dispoñen desta posibilidade e aínda non o utilizaron unha soa vez, porque prefiren amagar e insultar”, indicou.

Alberto Pazos explicou que o informe do Consello de Contas sobre as contratacións de emerxencia realizadas pola Xunta durante a pandemia “non recolle graves irregularidades, como afirman desde o BNG de forma torticeira, senón unha serie de recomendacións a considerar no caso de que se repetise unha situación de emerxencia semellante no futuro”.

MENTIRAS, MANIPULACIÓNS E DELIRIOS

“Menten cando afirman que non se facilitaron expedientes das catro áreas sanitarias, manipulan vertendo sospeitas sobre o destino de 159 millóns de euros do fondo Covid-19 e deliran cando verten sospeitas porque algúns contratos demoraron a entrega máis dun mes”, dixo o portavoz popular, quen criticou que a proposta dos nacionalistas sexa “devolver este material sanitario en plena pandemia por un retraso nuns días de entrega”.

Pazos apuntou que foi o Consello de Contas quen decidiu fiscalizar a fondo as áreas sanitarias de A Coruña, Vigo e Santiago como mostra representativa, pero indicou que “no anexo 5 do informe figura a relación completa da contratación realizada”. Deste xeito, cualificou de “deplorable” que a letrada do Consello de Contas e agora deputada socialista “manipule de forma tan groseira o informe do órgano no que exerceu as súas funcións”.

O portavoz popular incidiu que “non existe nin un so motivo para cuestionar a contratación de emerxencia realizada pola Xunta durante a pandemia” e afirmou que “si existisen sospeitas dalgún ilícito teríase activado o protocolo de colaboración entre o Consello de contas e a Fiscalía, cousa que non aconteceu”.

EFICACIA DA XUNTA

Así mesmo, Alberto Pazos lembrou algúns dos fitos da eficacia que acadou Galicia durante a xestión da pandemia: a primeira comunidade autónoma en completar a desescalada e acadar a nova normalidade; a primeira autonomía en alcanzar o 95 por cento de vacinación en maiores de 12 anos; a única comunidade en superar o 70 por cento de vacinación pediátrica; coa taxa máis baixa de mortalidade xeral da península e a taxa de mortalidade en maiores de 60 anos máis baixa de España”.

Para rematar, Pazos criticou que, “a mesma mañá que o BNG aplaudía a decisión de Pedro Sánchez de continuar á fronte do Goberno de España despois de cinco días de profunda reflexión logo de que un xulgado de Madrid admitira a trámite unha denuncia contra a súa esposa por presunto tráfico de influencias, rexistraba a iniciativa solicitando a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións realizadas pola Xunta durante a pandemia, o que acredita o seu cinismo político e que ten por único obxecto o ataque persoal e continuar enlamando a política galega”.

“Mentres esquerda galega levan meses espallando bulos e utilizando as institucións para atacar a familiares de líderes do PP, escandalízanse cando son as súas familias as salpicadas por actuacións inadmisibles en calquera democracia consolidade”, indicou.

Pepa Pardo afirma que “el negacionismo del Gobierno benefició a violadores y pederastas y devolvió el terror a las víctimas”

La portavoz de Justicia del Grupo Parlamentario Popular y senadora del PP por Pontevedra, Pepa Pardo, afirma que “el negacionismo del Gobierno de Sánchez benefició a violadores y pederastas y devolvió el terror a las víctimas”.

En una pregunta a la ministra de Igualdad, Ana Redondo, en la sesión de control celebrada esta tarde en la Cámara, Pepa Pardo resalta los últimos datos facilitados por el Consejo General de Poder Judicial, de noviembre de 2023, en relación a la Ley del ‘sólo sí es sí’: “Más de 1.200 agresores sexuales han visto rebajada su condena y 126 han sido excarcelados”.

Así, la senadora gallega acusa a la ministra Redondo “de defender enfervorizadamente a la mujer del presidente Sánchez, pero no la vi a usted defender con el mismo tesón a las víctimas de los agresores  sexuales que fueron excarcelados a consecuencia de su nefasta ley del sólo sí es sí”.

“No las vi encabezar manifestaciones en apoyo de las mujeres víctimas de su chapucera ley. ¿Acaso esas mujeres no se merecían llenar las calles en su apoyo? ¿Dónde estaban ustedes, señorías del PSOE?”, recrimina a Redondo y a la bancada socialista. “Si sabemos dónde estaba usted, con el señor Puente votando en el ayuntamiento de Valladolid dos veces no a la reforma de la ley”.

Pardo asegura que “no las vi en la calle apoyando a las mujeres doblemente víctimas, por la agresión y las consecuencias de su ley. Su negacionismo lo único que ha hecho ha sido beneficiar a los agresores y devolver el terror y el sufrimiento a las víctimas”, apunta.

Tras recordar que el propio Sánchez definió la ley como un ‘hito y ley de vanguardia’, Pepa Pardo resalta que tanto el PSOE como Podemos “desoyeron todas las advertencias que les hicieron desde todas las partes”, desde el CGPJ y de la oposición. “Ustedes lo sabían y lo consintieron”, recrimina a la ministra de Igualdad.

Además, la portavoz de Justicia del PP recuerda que “el sectarismo” del Gobierno de Sánchez provocó que “hicieran oídos sordos” a todas las advertencias. “¿Recuerda cómo lo llamaban?”, pregunta a la ministra, tras lo que le contesta que “propaganda machista”.

Así mismo, Pepa Pardo denuncia que esa “propaganda machista se convirtió en acusaciones directas a jueces, a los que calificaron de machistas por aplicar una ley que ustedes redactaron”.

“Su feminismo de pancarta ya no convence a nadie, no tienen ustedes legitimidad para hablar de igualdad y de feminismo”, concluye la senadora Pepa Pardo.