O PPdeG acusa a PSOE e BNG de «ir en contra de Galicia» coa súa postura sobre Altri e reclaman ao Goberno central os fondos europeos comprometidos para o proxecto

O PPdeG acusa ao PSOE galego e ao BNG de “ir en contra de Galicia” coa súa postura sobre o proxecto que Altri pretende implantar en Palas de Rei e reclama ao Goberno central os fondos europeos que no seu día Pedro Sánchez comprometeu para facelo realidade.

Así o manifestaron publicamente os populares galegos esta tarde en Palas de Rei nunha reunión de traballo con alcaldes e portavoces do partido na comarca da Ulloa que estivo encabezada pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e as responsables de Medio Ambiente e Cambio Climático e de Economía e Industria do Goberno galego, Ánxeles Vázquez e María Jesús Lorenzana, respectivamente.

Esta última lamentou que o proxecto de Altri e moitos outros na nosa Comunidade estean sendo “claramente castigados pola Moncloa e as súas sucursais en Galicia”, afeando ao PSOE galego que estea “en contra do emprego e do desenvolvemento industrial de Galicia só por seguir as ordes de Pedro Sánchez” e ao BNG que sexa incapaz de entender que “o desenvolvemento industrial e o aproveitamento dos nosos recursos son compatibles”.

“Nós imos seguir loitando para que non se castigue a Galicia e para que os nosos proxectos poidan ter financiamento”, remarcou ao tempo que volvía reclamar ao ministro de Industria un trato “igualitario” para os proxectos industriais galegos e “os mesmos requisitos que se lle esixen a outros”.

Lorenzana referiuse así ao feito de que “o Goberno de España está loitando por conseguir financiamento europeos para proxectos que nin sequera teñen iniciado a súa tramitación ambiental” pero non fai o mesmo cun proxecto como o de Altri, que “supón un investimento de 1.000 millóns de euros para o desenvolvemento da zona central de Lugo e de parte da provincia da Coruña”.

De aí que fixera un chamamento público a que tanto José Ramón Gómez Besteiro como Ana Pontón pensen non só na “necesidade que ten Galicia de percibir eses fondos para o seu desenvolvemento industrial”, senón especialmente nas “2.500 familias que poderían ter emprego na comarca de Ulloa se o proxecto de Altri se converte nunha realidade”.

É POSIBLE MANTER O EQUILIBRIO ENTRE MEDIO AMBIENTE E ECONOMÍA

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez ironizou con que “aqueles que queren perseguir as fake news ou que falan de embarrar son os primeiros que están facendo xusto o contrario co proxecto de Altri”. Xa que, tal e como explicou, este proxecto aínda non concluíu a súa fase de avaliación ambiental pero, polo de agora, “os informes que xa son públicos conclúen que cumpre estritamente todos os parámetros establecidos pola normativa europea, estatal e autonómica en materia de emisións e vertidos”.

“Eu o que lle pediría ao señor Besteiro e á señora Pontón é que sexan consecuentes cos seus actos e que, como representantes de Galicia, non deosten a nosa terra. Primeiro, porque estamos nun Estados de Dereito no que hai que cumprir a lei como fai e sempre fará o Goberno galego. Segundo, porque hoxe é Altri pero mañá podería ser calquera outro proxecto na nosa Comunidade”, apuntou.

A responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego subliñou que o Executivo autonómico seguirá traballando na mesma liña que ten xa establecida: “A de loitar para que empresas tractoras se instalen no territorio e poidan crear riqueza cumprindo coa lexislación vixente e garantindo o equilibrio entre medio ambiente, saúde e economía”.

O RURAL ACTÍVASE CON EMPREGO E POBOACIÓN

Na reunión organizada polo PPdeG tamén participaron a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, as coordinadoras de Medio Ambiente e de Industria do partido, Marisol Díaz Mouteira e Marta Novoa; así como os portavoces destas mesmas áreas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Gonzalo Trenor e Rubén Lorenzo, respectivamente.

Todos eles foron recibidos polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, que tamén se uniu á crítica a un PSOE e a un BNG que, coa súa postura, sitúanse “en contra do maior investimento que nunca se proxectou na nosa comarca e na nosa provincia e un dos máis importantes que Galicia poida ter”.

“É un proxecto importantísimo para o nosos veciños e especialmente para aqueles que xa aportaron os seus currículos á empresa coa esperanza de poder conseguir un posto de traballo”, apuntou incidindo en que para o rural galego son fundamentais iniciativas como esta na medida en que “son a única vía para gañar poboación e non perdela ano tras ano”.

O Parlamento galego pide evitar a información confusa na etiquetaxe de produtos de orixe vexetal baixo a denominación de peixe

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que adopte as medidas necesarias no desenvolvemento do Regulamento europeo sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor para evitar a información confusa na etiquetaxe de produtos de orixe vexetal baixo a denominación de peixe.

Así mesmo, ínstase á Comisión Europea para que na próxima revisión do Regulamento da organización común dos mercados (OCM) no sector dos produtos da pesca e da acuicultura se inclúa unha proposta lexislativa para reservar calquera definición comercial, designación e descrición de venda de ‘peixe’ aos produtos pesqueiros.

O portavoz popular do Mar, Miguel Fidalgo, sinalou que “a irrupción no mercado de produtos aptos para veganos derivados de proteínas vexetais elaboradas que imitan a aparencia de presentacións de peixes e mariscos, coa pretensión de desprazalos das preferencias do consumidor, constitúen un gran problema para o sector, xa que non son o mesmo nin para a saúde, nin para o medioambiente, nin desde o punto de vista ético”.

BALEIRO LEGAL

Neste sentido, manifestou que “na actualidade existe certo baleiro legal ao redor deste tipo de produtos vexetais que imitan a outros de orixe animal, dado que non hai unha normativa específica que os regule de forma expresa”, polo que considerou urxente “unha revisión da normativa de etiquetado, a fin de dotar dunha información veraz á cidadanía que lles protexa de adoptar decisións alimenticias erróneas mediante estratexias de greenwashing que os devanditos produtos veganos adoitan aproveitar”. “Só mediante unha información veraz e unha competencia leal entre operadores aseguraremos un marco alimentario sostible, seguro e nutritivo”, dixo.

Miguel Fidalgo explicou que o Regulamento comunitario “permite aos Estados membros, por ser as autoridades máis indicadas, actuar en situacións de etiquetaxe inadecuada sobre as conservas de orixe vexetal que induce a erro sobre a verdadeira natureza e composición do produto”, polo que sinalou que “non hai tempo que perder, polo que é necesaria unha resposta por parte das autoridades comunitarias e do Goberno de España”.

O Grupo Popular pedirá no Pleno ao Goberno central que elabore un estudo sobre o custo do rescate e a gratuidade da AP-9, e que suprima os impostos que gravan o tratamento de residuos

O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana que elabore un estudo serio e minucioso sobre o custo que suporía o rescate e a gratuidade da AP-9 e que suprima todos os impostos que gravan a actividade do tratamento de residuos e recupere a retribución ao investimento da planta termoeléctrica de SOGAMA. A sesión plenaria inclúe, ademais, o debate de totalidade do proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia e a comparecencia do conselleiro do Mar para dar conta dos proxectos do seu departamento.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Alberto Pazos, informou que o Pleno dará comezo coa elección de Andrés Lago Louro como novo membro do Consello Consultivo de Galicia, a proposta do Grupo Popular.

LEI PIONEIRA EN EUROPA

De seguido, procederase ao debate do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, unha norma que nace co obxectivo principal de favorecer a participación na cultura, tanto desde a perspectiva de consumo como da creación, de todas as persoas especialmente as que se atopan nunha situación de desvantaxe ou limitación polo factor que sexa: zona de residencia, déficit de recursos económicos, discapacidade ou dependencia, desemprego, vítima de violencia de xénero, estar en proceso de rehabilitación social ou pertencer a unha minoría étnica.

“Estamos a falar dunha lei pioneira en Europa que vai permitir abrir a cultura á participación de todos os galegos, eliminando as barreiras físicas, cognitivas, comunicativas, sociais ou territoriais”, concretou o portavoz popular, quen apuntou que xurde logo dun amplo proceso de participación cidadá e de reflexión no que tomaron parte máis de 50 entidades do sector, ao que se engadiron as aportacións que realizaron outras organizacións do mundo cultural no proceso de exposición pública da norma”.

A continuación, e continuando coas comparecencias dos conselleiros do Goberno galego para dar conta das liñas xerais e proxectos dos seus departamentos, terá lugar a comparecencia do conselleiro do Mar para informar da situación deste sector da economía galega e das súas perspectivas de futuro, a curto, medio e longo prazo.

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará ao Goberno central a elaboración dun estudio serio e minucioso sobre o custo que suporía o rescate e a gratuidade da AP-9. “Estamos cansos de que o Goberno de Pedro Sánchez tome o pelo aos galegos unha e outra vez, e máis con todo o que atinxe á transferencia desta autoestrada e o custo que suporía este traspaso”, sinalou Alberto Pazos, quen pediu “transparencia e ánimo de chegar a un acordo ao Goberno de España para poñer a disposición dos usuarios da AP-9 unha autoestrada galega e libre de peaxe, algo que vimos demandando todos os grupos políticos deste Parlamento desde hai moito tempo”.

RIGOR E SERIEDADE SOBRE O CUSTO DA GRATUIDADE

O portavoz popular dixo que “fronte á falta de rigor e seriedade do Goberno central, que segundo de onde veña o aire ese día fixa en 1.260, 2.600, 4.000 ou incluso 6.000 millóns de euros a transferencia e gratuidade da AP-9, o Goberno galego foi quen de elaborar un informe, que xa foi remitido ao Goberno de España hai uns días, no que se fixa o custo do rescate e a posterior gratuidade desta autoestrada entre 1.612 millóns de euros e 2.355 millóns”.

Así mesmo, e relacionado coa AP-9, pero que tamén afecta á outra autoestrada de titularidade estatal, a AP-53, o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego no vindeiro Pleno sobre a súa valoración respecto do incumprimento dos compromisos do Goberno de España de aplicar, de forma inmediata, os descontos nas autoestradas estatais de Galicia, que seguen colocadas como as máis caras de todo o Estado.

“Lamentablemente, as últimas novas que coñecemos foron as recentes declaracións realizadas polo ministro de Transporte no Senado, onde avanzou que non autorizará de forma inmediata estas rebaixas das peaxes, polo que non haberá bonificacións para a AP-9 nin para a AP-53”, apuntou.

SUPRESIÓN DE IMPOSTOS AO TRATAMENTO DE RESIDUOS

A segunda proposición non de lei que o Grupo Popular levará ao Pleno ten que ver coa decisión do Goberno central de incrementar os impostos ao vertido e á incineración, ao tempo que suprime a retribución á xeración de electricidade por parte das empresas de tratamento de residuos, como é o caso de SOGAMA. Así, Alberto Pazos explicou que “estas decisións están a provocar que SOGAMA se vexa obrigada o vindeiro ano a levar a cabo unha actualización do canon que cobra aos concellos pola xestión dos seus residuos, pasando dos 66 euros por tonelada da actualidade a 108 euros por tonelada”.

O portavoz popular lembrou que o Presidente da Xunta xa amosou no pasado Pleno a plena disposición do Goberno galego de asumir o 60 por cento deste incremento, unha suba que quedaría sen efecto se o Goberno de Pedro Sánchez atendera o que lle pedimos nesta proposición non de lei: que dea marcha atrás e suprima todos os impostos que gravan a actividade do tratamento de residuos e que recupere a retribución ao investimento da planta termoeléctrica de SOGAMA, ao que tiña dereito ata finais de 2026”.

Por último, o Grupo Popular tamén pedirá ao Goberno galego que faga un balance do desenvolvemento do plan de cobertura especial no período estival na sanidade galega; así como que explique as xestións que ten previsto desenvolver a Xunta co obxectivo de acadar o efectivo traspaso dos medios materiais e persoal que permitirían asumir a xestión completa do litoral galego, logo de que o Tribunal Constitucional avalara o contido da lei galega e recoñecera o dereito que ten a xestionar o litoral galego.

Pepa Pardo a Bolaños: “Tengan claro usted y su Gobierno que la igualdad de todos los españoles no está en venta”

La portavoz de Justicia del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Pepa Pardo, le ha recalcado esta tarde a Bolaños que “tengan muy claro usted y su Gobierno que la igualdad de todos los españoles no está en venta”.

Durante su pregunta al ministro de Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes, la senadora pontevedresa ha acusado al Gobierno de tener la “desfachatez” de hablar de regeneración democrática cuando «pretenden amordazar a la prensa crítica, controlar los medios y todo para tapar las corruptelas de la señora del presidente, al más puro estilo de Maduro”.

 “¿Qué entiende por ‘igualdad’?”, preguntó  Pardo a Bolaños, tras lo que ella misma le respondió asegurando que “es todo lo que el Gobierno no lleva a la práctica, desde luego la coherencia no es una cualidad suya”.

En este sentido cuestionó: “¿Acaso es igualdad que el ministro de Justicia salga públicamente en defensa de una investigada por corrupción y tráfico de influencias, por el mero hecho de ser la mujer la presidente? ¿Es esa la igualdad que ustedes defienden? Eso no es igualdad, eso es una grosera derogación del principio de igualdad, la casta de los privilegiados”.

La senadora popular denunció así que la igualdad del Gobierno “es legislar a la carta para una élite de golpistas corruptos para mantenerse en el poder, es amnistiar a prófugos de la justicia, malversadores y terroristas a cambio de 7 votos”. «Eso no es igualdad», apostilló, “eso es una transacción corrupta de impunidad a cambio de poder”.

 “Todo para mantenerse en el poder, creando ciudadanos de primera, esa élite independentista, ‘la casta del procés’, a los que les borran delitos, les riegan de privilegios; y ciudadanos de segunda, el resto de españoles sobre los que “hacen recaer todo el imperio de la ley y a los que obligan a pagar el festín independentista”, añadió.

La portavoz de Justicia ironizó planteando si “¿Acaso es igualdad el cupo catalán? Ese ‘acuerdo que dice lo que dice y que no dice lo que no dice’”, afirmando acto seguido que es “el acuerdo de los privilegios a la élite política independentista, la compra de un Gobierno, del sillón de la Generalitat a costa del dinero de todos los españoles”.

“Todo muy democrático señor Bolaños. Regeneren su Gobierno y dejen la democracia en paz”, concluyó con rotundidad y exigiendo nuevamente el reconocimiento del régimen de Maduro como una dictadura: “¿Acaso es igualdad para su Gobierno condenar o no dictaduras en función de su ideología?”

O eurodeputado galego Millán Mon celebra que Von der Leyen cumprira o seu compromiso de nomear un Comisario específico de Pesca

O eurodeputado galego Francisco Millán Mon celebrou hoxe que a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, cumprira o seu compromiso da campaña electoral de nomear un comisario específico de Pesca.

“Celebro que, por fin, no novo Colexio de Comisarios haxa un Comisario de Pesca que non comparta carteira con Medio Ambiente. É unha boa noticia. Von der Leyen cumpriu así o compromiso de campaña que fixo público en Galicia, durante a recente campaña electoral ás elección europeas”, declarou Millán Mon esta mañá tras facerse públicos os comisarios propostos pola presidenta da Comisión Europea.

O eurodeputado galego referiuse así á promesa de ter un Comisario específico de Pesca que lanzou Von der Leyen o pasado 1 de xuño na súa visita a Galicia, acompañada de Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo, durante a campaña ás eleccións europeas.

Segundo explicou Millán Mon, “agora ábrese o procedemento de audiencia parlamentaria do candidato, previo á formalización do seu nomeamento”.

O eurodeputado galego expresou a súa confianza en que o señor Costas Kadis (Chipre), que conta cunha longa experiencia de Goberno e que foi proposto como Comisario por un Goberno do Partido Popular Europeo, “teña unha visión equilibrada da actividade pesqueira, na que estea presente a dimensión económica e social”.