Adrián Vázquez: “Las obsesiones de quienes no quieren que Galicia avance y atraiga inversiones chocan de nuevo con la Comisión Europea”

Adrián Vázquez, eurodiputado del PPdeG, señala que “las obsesiones de quienes no quieren que Galicia avance y atraiga inversiones chocan de nuevo con la Comisión Europea”.

Después de que Bruselas rechazara intervenir por segunda vez contra el proyecto de Palas de Rei, esta vez en respuesta a una pregunta de la eurodiputada Estrella Galán de Sumar, Vázquez considera que la visión de la izquierda gallega contra las industrias, ya sea el BNG, el PSOE o Sumar, “es propia de otro tiempo”.

De esta forma, el eurodiputado gallego les pide que “dejen de alarmar” con Altri, teniendo en cuenta que “sus posicionamientos, basados únicamente en su dogmatismo, están obsoletos y no tienen ningún tipo de recorrido en una Europa que apuesta por ser más competitiva”.

“Lo que dice la Comisión Europea es muy lógico: que sean los técnicos de la Xunta los que evalúen el proyecto. Ellos son los que mejor conocen el territorio y son los más capacitados para decidir su viabilidad”, expresa.

Sobre el papel de la izquierda gallega en Bruselas, Vázquez cree que “volverán a Europa a intentar bloquear la Galicia que avanza y crea empleo, y se volverán a dar de bruces con la realidad”.

En este último caso, “los esfuerzos de Sumar para dañar la imagen de Galicia en Europa han valido lo mismo que sus escaños en Galicia: cero”.

O Grupo Popular afirma que o Plan de remuda xeracional para a mocidade no agro galego incorporará 2,1 millóns de euros para favorecer a sucesión nas explotacións

O deputado do Grupo Popular Enrique Barreiro afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que o Plan de remuda xeracional que a Xunta está ultimando para a mocidade no agro galego incorporará unha liña de axudas de 2,1 millóns de euros ata 2029 para favorecer a cooperación na sucesión de explotacións.

Enrique Barreiro indicou que o Plan de remuda xeracional “recolle unha ampla perspectiva transversal dirixida a fortalecer o tecido produtivo galego, manter vivos aos concellos do rural e ofrecer á mocidade unha alternativa real e de futuro no rural galego”.

En concreto, explicou que “xira ao redor de tres eixos fundamentais: a formación, para mellorar a capacitación da mocidade no sector agroalimentario; a sensibilización, para facer ver que o rural, ademais de ser unha opción de futuro, tamén é unha oportunidade de vida viable; e a incorporación, para facilitar unha transición entre os propietarios das explotacións que se xubilan e os mozos interesados en tomar o relevo mediante a compra ou arrendamento”.

A maiores do Plan de remuda xeracional, o deputado popular referiuse aos distintos plans de axuda complementarios que a Xunta ten en vigor para apoiar a instalación e asentamento de novas mozas e mozos no sector agrogandeiro galego. Así, Barreiro citou o programa de primeira instalación de agricultores mozos, que outorga unha axuda aos novos emprendedores que se establezan por primeira vez nunha explotación agraria. A través desta iniciativa, a Xunta permitiu en 2023 a incorporación de 252 mozos e mozas, cun investimento total de 11,3 millóns de euros, o que supón unha media superior aos 44.000 euros por agricultor.

Outra axuda existente é a destinada á incorporación de persoas entre 41 e 55 anos, para a que a Xunta xa destinou tres millóns de euros.

O Parlamento de Galicia solicita avanzar na adquisición de equipos, medios materiais e maquinaria para optimizar as labores de prevención e extinción de incendios forestais

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que solicita seguir avanzando co investimento orzamentario e posterior adquisición de equipos de protección individual (EPIS), medios materiais e maquinaria que sexan necesarios para optimizar as labores de prevención e extinción de incendios forestais en Galicia dunha maneira óptima, decidida e segura.

O deputado popular Ángel Rodríguez Conde asegurou que “a prevención constitúe unha das bases fundamentais na loita contra os incendios forestais en Galicia, porque a prevención é a anticipación á extinción, e comprende un conxunto de actuacións dirixidas a evitar que se produzan incendios forestais ou que, unha vez iniciados, a súa propagación sexa a menor posible”.

“Para a realización de todos estes traballos, tanto preventivos como de extinción de incendios forestais ou post-incendio, ao longo destes anos foise procedendo á adquisición de equipos de protección individual, así como de medios para desenvolver as tarefas desempeñadas”, indicou o deputado popular, quen avogou “por seguir incorporando material para conseguir desenvolver con maior eficacia o traballo de defensa dos montes contra os incendios forestais”.

O Grupo Popular salienta que 3 de cada 4 euros do orzamento da Xunta para 2025 se destinen a gasto social, a mellor demostración de que o máis importante é a atención ás necesidades dos galegos

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe que “tres de cada catro euros dos orzamentos da Xunta para 2025 destinaranse a gasto social, é dicir, sanidade, educación, políticas sociais e emprego, o que é a mellor demostración de que o máis importante para o Goberno de Alfonso Rueda é a atención ás necesidades reais de todos os galegos”.

Alberto Pazos subliñou que os orzamento da Xunta de Galicia para 2025 ascenden a 13.954 millóns de euros, “a cifra máis alta da historia e que tamén recollen o maior gasto social da historia de Galicia: 10.267 millóns de euros”. Neste sentido, afirmou que “pouco se pode dicir en contra destes orzamentos, que incrementan os investimentos máis dun 5 por cento ata achegarse aos 1.300 millóns de euros”.

DÉBEDA EN DESCENSO

Así mesmo, o portavoz popular referiuse a “un dato fundamental para botar abaixo un mantra da oposición: estamos diante dos maiores orzamentos da historia de Galicia, pero cunha previsión de endebedamento cero”. “Galicia continuará un ano máis coa súa liña descendente de débeda pública, ata fixala o vindeiro ano no 14,1 por cento do PIB, pero mantendo as rebaixas fiscais que gozan neste momento os galegos, e incluso incrementándoas no imposto de sucesións, de xeito que dúas de cada tres herdanzas non tributen; e no imposto de transmisións patrimoniais, co obxectivo de fomentar a posta no mercado de vivendas destinadas ao aluguer”, indicou.

Por outra banda, Pazos lamentou que os socialistas galegos “estean intentando copiar a forma de actuar do seu “número 1” en España, buscando aproveitar os poucos cargos que a súa, cada vez menor, representación política lles facilita”. En concreto, referiuse ao “preocupante afán de protagonismo do conselleiro no Consello de Contas designado polos socialistas galegos, máis preocupado de criticar a actuación da Xunta e do Goberno galego que de actuar cumprindo fielmente a finalidade que se lle recoñece a este órgano na súa lei constitutiva”.

UTILIZAR O CONSELLO DE CONTAS

“É a primeira vez na historia do Consello de Contas de Galicia, un órgano estatutario creado en 1985, que un dos seus conselleiros pretende facerlle sombra ao conselleiro maior, a persoa que ten a representatividade desta entidade estatutaria e que, segundo se recolle no seu propio regulamento, é quen debe informar tanto ao Parlamento como publicamente das actividades do Consello”, explicou.

Ademais, o portavoz popular considerou “inxustificado que esta persoa estea a utilizar o seu cargo no Consello de Contas, co que elo supón de acceso á información privilexiada facilitada por parte de entidades públicas e privadas, para a súa promoción persoal e utilización partidista, polo que lle esiximos que se ateña ao recollido tanto na Lei como no Regulamento do Consello de Contas e deixe de utilizar e servirse deste órgano con fins persoais ou políticos”.

O DEMO E UN SANTO AO MESMO TEMPO

Por último, Alberto Pazos demandou “un pouco de sentidiño” ao BNG, logo de que no día de onte rexeitara reprobar ao ministro de Transportes no Congreso, cando hai un mes si que o fixo no Parlamento de Galicia. “Para os nacionalistas galegos, o señor Puente é ao mesmo tempo o demo, cando apoian en Galicia a súa reprobación por afirmar que ‘o tren vive en España o mellor momento da súa historia’; e un santo, cando o seu único deputado en Madrid rexeita a mesma reprobación ao ministro no Congreso, coa escusa de que ‘é parte dunha campaña de desgaste’ do Partido Popular cara ao Goberno de Pedro Sánchez”.

“Parece razoable que o que vale en Galicia tamén debería servir para Madrid, ou é que o galeguismo do BNG só vale cando teñen enfronte ao Goberno do Partido Popular e se dilúe cando lle falan castelán en Madrid e teñen que poñerse do lado dun Goberno que defenden e apoian, a pesar de que día tras día se estea rindo e desprezando a todos os galegos”, cuestionou.

O PPdeG presenta unha batería de medidas no Congreso para situar as necesidades de Navantia na axenda industrial do Goberno central

O Partido Popular de Galicia vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de medidas co obxectivo de situar as necesidades de Navantia na axenda industrial do Goberno e impulsar a competitividade do estaleiro da empresa en Ferrol como “centro do futuro do sector naval español”.

Logo de manter unha reunión co comité intercentros de Navantia na que estiveron presentes os deputados galegos Francisco Conde, Irene Garrido e Tristana Moraleja; os populares solicitan, entre outras cuestións, a comparecencia da presidenta da SEPI, grupo ao que pertence a empresa.

Unha petición que vén motivada pola inacción da dirección da empresa e coa que buscan que se informe sobre a situación laboral que padecen os traballadores, a actualización do convenio colectivo, a estratexia de investimentos da compañía a curto, medio e largo prazo, a carga de traballo prevista e a exposición das contas da empresa do ano 2023.

Os populares aseguran que a competitividade do estaleiro de Navantia en Ferrol necesita de decisións de enorme relevancia no eido laboral e que pasan polo acordo para pechar un novo convenio –o actual finalizou a súa vixencia en decembro de 2021– e por dar respostas concretas aos traballadores en cuestións como a masa salarial ou o contrato relevo.

“Navantia está nunha situación excepcional ante a ausencia dun plan estratéxico vixente e dun plan orzamentario, o cal está condicionando o futuro do estaleiro e da súa carga de traballo. Unha situación excepcional que require medidas excepcionais e inmediatas”, argumentan.

Xunto á solicitude de comparecencia da presidenta da SEPI, os deputados do Partido Popular rexistraron tamén unha proposición non de lei para impulsar a competitividade do estaleiro de Navantia en Ferrol na que instan ao Goberno a:

–       Construír un dique seco na planta ferrolá para garantir a súa competitividade internacional, permitindo un layout eficiente que mellore a capacidade da compañía para competir en licitacións internacionais e ofrecer prezos máis competitivos a medio e largo prazo.

–       Iniciar a modernización integral das instalacións para completar a transformación do estaleiro 4.0, incluíndo a implementación de tecnoloxías avanzadas e prácticas de sustentabilidade acordes cos obxectivos do Plan Estratéxico de Navantia e as tendencias globais do sector.

–       Crear un dique de reparacións a través da colaboración público-privada, ampliando as capacidades de servizo e mantemento de Navantia, mellorando a súa oferta e competitividade en servizos pos venta e xerando novos empregos.

–       Promover todas aquelas iniciativas que permitan impulsar a formación do persoal de Navantia Ferrol a efectos de adaptarse ás novas necesidades de cualificación.

UN NOVO INCUMPRIMENTO DE PEDRO SÁNCHEZ CON FERROL

O comité de empresa e os deputados do Partido Popular constataron na súa xuntanza o nivel de incumprimento dos investimentos vinculados ao plan estratéxico 2018-2022, así como do plan orzamentario que permitía atender as necesidades laborais do persoal actual e as contratacións comprometidas.

Tamén se fixeron eco do incumprimento do anuncio feito por Pedro Sánchez durante a campaña electoral das eleccións galegas e no que comprometía a construción en Ferrol dun buque de aprovisionamento de combate (BAC) para a Armada Española. Un proxecto que, segundo asegurou, se executaría “coa máxima celeridade” e cun investimento de 439 millóns de euros e suporía a creación de 1.800 empregos.

De aí que os populares presentaran unha serie de preguntas para que o Goberno responda por escrito sobre a fase na que se encontra a tramitación do expediente para a construción deste buque, as previsións de firma da súa orde de execución, a partida dos Presupostos Xerais do Estado á que se cargará esta actuación e cando se iniciarán os traballos.

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que axilice a homologación de títulos extracomunitarios de especialistas en sanidade

O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que axilice a homologación de títulos extracomunitarios de especialistas en ciencias da saúde, sempre desde o consenso coas comunidades e en plena coordinación cos representantes dos profesionais sanitarios co compromiso de garantir a seguridade, calidade e esixencias de cualificación similares ás requiridas aos nacionais da Unión Europea”.

A portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, lembrou que “a carencia de médicos en atención primaria, tanto de especialistas en medicina familiar e comunitaria, como de pediatria, así como en determinadas especialidades hospitalarias, está a provocar tensións nos sistemas públicos de saúde, sen esquecer ao máis prexudicados que son os pacientes”.

Neste sentido, afirmou que “hai profesionais con vontade de incorporarse ao sistema que non poden facelo polas trabas burocráticas e o colapso no sistema de homologación, isto é, por causas que nada teñen que ver coa súa capacidade e desempeño profesional”. Así, concretou que, de acordo cos datos ofrecidos desde o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, desde a entrada en vigor do Real Decreto 889/2022 ata finais do ano pasado 2023 rexistráronse 23.776 solicitudes de homologación de títulos universitarios estranxeiros só na especialidade de Medicina, das que só o 15,6 por cento foron resoltas.

Encarna Amigo manifestou que esta solicitude de homologación de títulos estranxeiros en materia de sanidade “non é unha demanda exclusiva do Goberno galego, porque a comparten os colexios profesionais, sociedades científicas e sindicatos, que veñen demandando publicamente que desde o Goberno de España se apliquen medidas de utilidade real para acelerar, con todas as garantías, o recoñecemento oficial de titulacións universitarias sanitarias obtidas en sistemas educativos estranxeiros”.

Así mesmo, a portavoz popular apuntou que, ademais desta solicitude de homologación de títulos de especialistas en ciencias da saúde, “a día de hoxe seguen vixentes outras reclamacións realizadas desde Galicia para facilitar a incorporación de persoal sanitario, como a eliminación da taxa de reposición, a modificación do sistema de elección de especialidades e tamén que se permita ás comunidades autónomas aumentar a súa capacidade para formar novos profesionais e estender, polo menos temporalmente, ata 72 anos a idade de xubilación nas especialidades máis deficitarias”.

Paula Prado: “Para Óscar Puente o traspaso da AP-9 é tremendamente difícil porque a súa vontade política para facelo é tremendamente baixa”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou hoxe que o ministro Óscar Puente siga opoñéndose ao traspaso e á gratuidade da AP-9 escusándose en que é “tremendamente difícil” cando a realidade é que “esta negativa débese unicamente á que a vontade política do Goberno central para facelo é tremendamente baixa”.

Prado esixiu neste sentido a PSOE e BNG que “polo ben dos galegos e galegas” desbloqueen a transferencia e a gratuidade da autopista do Atlántico, tal e como comprometeron en campaña electoral e tal e como fai o Goberno de Sánchez noutros casos. “Mentres a outros territorios traspásaselle a titularidade das autoestradas e fanse gratuítas, a Galicia négaselle o mesmo e ademais temos que sufrir ano a ano subas das peaxes”, engadiu.

“Queremos que a AP-9 deixe de estar entre as máis caras de España e que o Goberno cumpra a promesa da gratuidade. Queremos que a súa titularidade e centro de decisión, como tamén comprometeron, pase a estar en Galicia”, concluíu apuntando a que o Goberno de Pedro Sánchez podería tomar exemplo do Goberno de Rueda en materia de infraestruturas.

Así o asegurou en declaracións aos medios esta mañá nunha visita ao punto do concello de Sanxenxo no que remata a autovía do Salnés. Unha autovía que, xunto á do Barbanza, a de Ourense-Celanova e a de Santiago-Brión, pasará a ser de propiedade pública e será xestionada directamente pola Goberno galego.

Tal e como anunciou o presidente Alfonso Rueda, recuperarase a concesión destas catro vías, eliminando as peaxes en sombra que se viñan pagando e aforrando máis de 30 millóns de euros ao ano ás arcas públicas galegas “que poderán destinarse ao benestar dos galegos e galegas e a cuestións como a vivenda ou a mellora doutras infraestruturas”.

Esta decisión, concluíu a secretaria xeral do PPdeG, demostra o compromiso do seu partido na mellora das infraestruturas galegas: “É un tema que nos ocupa e nos preocupa e no que o presidente Rueda e o seu equipo seguen traballando”.

MARÍA DEZA: “ESTA MEDIDA REDUNDARÁ NO BENEFICIO DE SANXENXO”

Pola súa banda, a tenente de alcalde do Concello de Sanxenxo e deputada no Parlamento de Galicia, María Deza, quixo tamén insistir no beneficio que supón para todos os galegos e especialmente para os sanxenxinos o feito de que as arcas autonómicas vaian aforrar preto de 330 millóns de euros con esta decisión.

“Redundará no interese dos nosos veciños na medida en que permitirá a mellora de infraestruturas autonómicas dentro do noso municipio como son o tramo da PO-309 ata a rotonda de Arnelas ou o tramo da PO-308 ata a circunvalación”, explicou.

Referíndose ao compromiso do Goberno galego de destinar unha parte importante destes cartos á execución de vivenda pública, María Deza puxo en valor que o Concello de Sanxenxo xa traballa na adquisición de terreos para poñer a disposición da Xunta para a execución de vivenda pública no termo municipal.

Alfonso Rueda pon en valor en Ourense a importancia de contar cun Goberno capaz de aprobar e presentar os seus orzamentos en tempo e forma

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, resaltou hoxe a importancia de seguir ofrecendo estabilidade, rigor e xestión á cidadanía a través duns orzamentos que o Goberno galego presentará mañá e que serán aprobados en tempo e forma por décimo sexto ano consecutivo.

Na Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense celebrada esta tarde e na que tamén participaron a vicesecretaria nacional de Organización do PP, Carmen Fúnez, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente do partido na provincia, Luis Menor, o líder dos populares galegos comprometeuse a seguir gobernando pensando nos problemas da xente, cumprindo a palabra dada e devolvendo aos ourensáns e ao conxunto dos galegos a confianza que depositaron nel hai oito meses.

Neste sentido, animou aos seus a seguir traballando para revalidar a confianza que os ourensáns outorgan sempre ao Partido Popular de forma maioritaria e que permite que a provincia  de Ourense estea representada nos lugares onde se toman as decisións a través dos seus 8 deputados autonómicos, 3 deputados nacionais, 3 senadores e un total de 56 alcaldes e alcaldesas.

Rueda animounos a continuar traballando de cara a todas as convocatorias electorais que veñan e convidounos así mesmo a explicar, por exemplo, que, mentres o Goberno galego aumenta os fondos para os municipios, o Goberno central aproba novos impostos e taxas que dificultan a xestión de residuos. Ou que, mentres o Goberno autonómico pon 12 euros por cada hora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e ten previsto subir a aportación nos próximos anos, o Goberno central limita a súa aportación a 2,5 euros.

Fronte a todo isto, subliñou, é necesario poñer en valor tanto a xestión que garanten os gobernos do Partido Popular como o “Estilo Galicia” que fai da nosa Comunidade unha excepción na que a estabilidade e o rigor rexen as políticas públicas.

UN PARTIDO QUE ESCOITA E CUMPRE COA PALABRA DADA

O presidente provincial subliñou que a nova estrutura do partido, aprobada no Congreso Provincial extraordinario de xullo, permite ao PP de Ourense “seguir demostrando que estamos ao lado da xente, sen partidismos, centrados nas súas preocupacións”, destacando ao mesmo tempo a capacidade para chegar a todo o territorio.

Tomando como punto de partida esta presenza por toda a provincia, Luis Menor anunciou a celebración a finais de mes dunha Interparlamentaria ourensá cuxo eixo temático será o mundo rural. Así, o 26 de outubro os representantes no Congreso, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación, un por cada institución, detallarán o traballo que veñen realizando a favor do rural ourensán, analizando a súa situación e propoñendo iniciativas.

Na súa intervención, Menor sinalou tamén que tras o congreso de xullo o partido demostrou a súa eficacia para incrementar a súa capacidade de traballo, “do que dan boa fe as 187 persoas que forman parte desta nova etapa do PP de Ourense e ata os 220 membros desta Xunta Directiva”. Unha nova estrutura orgánica que, sinalou, teñen o encargo de “levar as nosas mensaxes da maneira máis segmentado posible á sociedade ourensá”.

Repasou tamén o presidente provincial a actividade desenvolvida polo PP ourensán desde xullo, “cunha intensa vida política na sede provincial” coa constitución das 13 vicesecretarías, 9 comités de traballo e 14 coordinacións de área que forman parte da estrutura do PP de Ourense, ademais de reunións todas as semanas para analizar a situación política da provincia e da cidade e a recepción por parte da presidencia a máis de medio centenar de persoas “entre representantes de agrupacións locais, portavoces municipais, afiliados e mesmo novos militantes”.

“Un partido que escoita e un partido que cumpre coa palabra dada”, e que segue a dar pasos firmes para facer realidade as 12 propostas que forman parte do documento Compromiso por Ourense, asinado co presidente Rueda, cun cumprimento do 60 % entre medidas e proxectos en marcha o xa realizados.

Paula Prado lamenta que BNG e PSOE sigan sen condenar abertamente ao réxime de Maduro: “É unha obriga democrática e de xustiza”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou hoxe que o BNG e o PSOE sigan sen condenar abertamente a “fraude democrática” perpetrada por Nicolás Maduro en Venezuela e ínstaos a “rectificar” a súa postura: “Como demócratas, é a nosa obriga actuar para que haxa xustiza”.

Así o manifestou esta tarde no debate ¿Cómo muere el Estado democrático? El caso de Venezuela organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no marco do seu Foro de Dereito Constitucional. Un debate no que remarcou o recoñecemento do seu partido a Edmundo González como lexítimo presidente electo de Venezuela e a súa condena ao réxime ditatorial de Maduro e á represión que está exercendo.

“As actas electorais avaladas pola comunidade internacional desnudan a fraude do chavismo e obrígannos a actuar para que haxa xustiza. Porque como dixo o propio Edmundo González na Illa da Toxa, é o noso deber como demócratas defender a súa legalidade e facer valer a soberanía popular”, explicou recordando que o Partido Popular levou ao Parlamento de Galicia unha iniciativa neste sentido e ante a que o BNG votou en contra e o PSOE galego preferiu absterse.

Neste sentido lamentou que o socialismo “se sitúe do lado de Zapatero e da súa lealdade a Venezuela” e que os independentistas galegos volvan mostrar o que verdadeiramente son: “Un partido con ideas extremas e que sempre se sitúa no lado incorrecto da historia”.