Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de que Galicia conte cun cupo, porque se ten demostrado que sería enormemente prexudicial para a economía galega”. “Por unha vez, recoñezan que están fondamente equivocados e que as súas propostas non son máis que pasos atrás e prexuizos para Galicia e todos os galegos”.

Alberto Pazos referiuse ao informe que onte presentou o Foro Económico de Galicia sobre “O impacto económico para Galicia da extensión dos sistemas de concerto”, elaborado polos economistas Santiago Lago e Xoaquín Fernández Leiceaga.

CONCLUSIÓNS CONCLUÍNTES

“As conclusións deste informe son concluíntes respecto da proposta de cupo defendida polo BNG, porque, no caso de que o sistema de concerto se xeneralizase a toda España, Galicia perdería nese novo sistema 2.128 millóns de euros, se a cota se realiza en función do PIB; ou 2.647 millóns, se o cupo se calcula en función da poboación”, concretou.

Porén, o portavoz popular afirmou que “o máis preocupante, porque é o que está máis próximo de facerse realidade, vista a situación política e a debilidade do Goberno de Pedro Sánchez, chantaxeado e sometido aos intereses do independentismo catalán, é que de levarse a cabo o acordo entre os socialistas cataláns e Esquerra Republicana de Cataluña para facer Presidente da Generalitat a Salvador Illa Galicia vería reducido as transferencias que recibe nun 6,27 por cento, é dicir, 634 millóns de euros”.

Pazos tamén lamentou a submisión dos socialistas galegos a Pedro Sánchez e ao seu Goberno, “respaldando todas e cada unha das súas decisións que prexudican a Galicia, ben no ámbito económico, como pode ser o acordo acadado co independentismo catalán en materia de financiamento; ou no ámbito das infraestruturas de comunicación, cos exemplos no estado das autovías de conexión coa Meseta ou na nefasta xestión do AVE; ou na sanidade, rexeitando as propostas que se lle fan desde Galicia para incrementar o número de médicos e especialistas; e sen esquecernos dos máis de 2.500 millóns de euros que nos debe o Goberno central pola prestación da dependencia, unha cifra que se incrementa día a día ao negarse a aportar o 50 por cento que lle corresponde no cumprimento da Lei de dependencia”.

O portavoz popular asegurou que “imos seguir defendendo a reforma do sistema de financiamento autonómico, pero unha reforma que saia de xeito multilateral e consensuado con todas as comunidades autónomas; no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira; evitando todo tipo de acordo bilaterais; e que achegue a Galicia máis recursos para contar con maior capacidade financeira, atendendo as maiores necesidades de financiamento da nosa comunidade derivadas da súa dispersión e envellecemento da poboación”.

NOXENTA CARTA AMEAZANTE

Por outra banda, Alberto Pazos trasladou “o apoio e solidariedade ás deputadas e senadoras do Partido Popular, en especial á nosa deputada ourensana Ana Vázquez, que no día de onte recibiron unha noxenta carta ameazante”. “Este tipo de accións, realizadas polo mellor exemplo de persoa cobarde, non van servir de freo á actividade exemplar que están levando a cabo as deputadas do Partido Popular, denunciando todas e cada unha dos desmáns que leva adiante o Goberno de Pedro Sánchez para manterse no poder e para contentar aos seus socios independentistas, tanto cataláns como vascos”, engadiu.

“Rexeitamos rotundamente este tipo de accións ameazantes, veñan de quen veñan e con independencia dos ou das destinatarios que sexan”, incidiu Pazos, quen lamentou que “estamos á espera de que as demais forzas políticas manifesten publicamente a súa solidariedade coas deputadas e senadoras do Grupo Popular, porque parece que só lles doe cando as afectadas están máis próximas ao seu ideario político que cando lles afecta a persoas relacionadas co PP”.

Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación publica da Administración autonómica “para botar abaixo todas e cada unha das trolas e bulos que desde o BNG e o PSdeG están intentando trasladar á sociedade galega sobre a construción do Hospital Público Álvaro Cunqueiro e as contratacións realizadas pola Xunta de Galicia”.

A Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Administración autonómica celebrou esta mañá a súa primeira reunión na que se procedeu á elección da súa Mesa, que estará presidida pola deputada do Grupo Popular Elena Candia; coa tamén deputada popular Carmen Pomar como vicepresidenta; e o deputado do BNG Luis Bará como secretario.

INTERESE, ÁNIMO DE TRABALLO E DISPOÑIBILIDADE

Alberto Pazos afirmou que desde o Grupo Popular “afrontamos esta Comisión de Investigación con interese, ánimo de traballo e plena dispoñibilidade, porque estamos convencidos de que, tanto a documentación que se aporte a esta comisión como a testemuña dos comparecentes que pasarán pola mesma, permitirán poñer de manifesto a excelente xestión que a Xunta está a facer dos recursos públicos de todos os galegos”.

“O que resulta sorprendente é a actitude contraditoria do BNG, que, por unha banda, leva días esixindo acelerar os prazos relacionados con esta Comisión, pero hoxe mesmo solicitou ampliar eses mesmos prazos argumentando que necesitan tempo para realizar unhas emendas ás normas de funcionamento”, indicou o portavoz popular.

Por este motivo, solicitou aos nacionalistas galegos “un pouco de coherencia, para non pedir ao mesmo tempo recortar e ampliar prazos; e un mínimo de rigor, porque o Grupo Popular non vai presentar unha proposta de normas de funcionamento, xa que realmente corresponde aos servizos do Parlamento e, polo tanto non existen emendas, senón suxestións por parte de todos os grupos parlamentarios que o consideren oportuno”.

“O BNG debería deixar a un lado o seu autoritarismo e asumir que estamos nun Parlamento democrático, que se rexe polas normas previamente establecidas e de acordo coas maiorías xurdidas nas urnas”, dixo Alberto Pazos, quen criticou que as declaracións da portavoz do BNG “deixan claro que xa teñen escrito o guión desta Comisión de Investigación e pretenden impoñer as normas de funcionamento, o Plan de Traballo e, desgraciadamente, tamén as conclusións da mesma”.

AGARDAR AO FINAL DOS TRABALLOS PARA AS CONCLUSIÓNS

Pola contra, asegurou que o Grupo Popular “prefire agardar aos informes dos servizos da Cámara para establecer as normas de funcionamento e ás propostas de Plan de Traballo para facer unha valoración da súa pertinencia e, desde logo, esperaremos ao final dos traballos para poder escribir unhas conclusións”. “Esa é a diferenza entre unha Comisión de Investigación para coñecer a verdade e unha caza de bruxas para impoñer os bulos que os partidos da oposición levan espallando durante anos sen máis proba que os seus prexuizos”, incidiu.

Alberto Pazos insistiu que o Grupo Popular “vai facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man a celebración desta Comisión de Investigación, co obxectivo de que os galegos coñezan a realidade que está detrás do modelo de financiamento e funcionamento do Hospital Público Álvaro Cunqueiro e das contratacións realizadas pola Xunta de Galicia”.

“Porque non pararemos de manifestar o noso orgullo pola posta en marcha en Vigo dun dos mellores hospitais de Europa, nun momento de fonda crise económica e que permitiu afrontar a pandemia nas mellores condicións de atención sanitaria aos veciños de toda a área viguesa; e rexeitamos calquera manobra da oposición nacionalista e socialista para poñer en dúbida a boa xestión dos gobernos do PPdeG na Xunta, co único obxectivo de tapar os escándalos que afogan pouco a pouco ao actual Goberno de España e, por enriba de todo, ao Presidente Pedro Sánchez e o seu entorno familiar”, rematou.

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España, en particular ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que, cumprindo co establecido no Regulamento europeo 2023/372, vele para que en todos os portos que actúan en España como puntos de saída de gando cara terceiros países, e especialmente no caso do porto de Alxeciras, por ser o máis usado polos operadores galegos, existan postos de control autorizados para as distintas categorías de animais.

O portavoz popular do Medio Rural, Miguel Viso, manifestou que, “co fin de garantir que os animais transportados desde outros estados ou ben en viaxes largos por estrada desde o seu lugar de saída ata os portos marítimos podan descargarse con seguridade e ser alimentados e abrevados e poder descansar, a normativa europea establece que debe dispoñerse ao menos dun posto de control nos puntos de saída dos portos marítimos ou a unha distancia de dúas horas por estrada desde o punto de saída”.

IMPLEMENTACIÓN URXENTE

“Necesitamos que estas infraestruturas se implementen de maneira urxente, non só para evitar sancións, senón tamén para garantir que os nosos operadores gandeiros poidan seguir competindo en igualdade de condicións cos seus homólogos europeos”, sinalou Miguel Viso.

En concreto, apuntou que “falamos de benestar animal, xa que o regulamento europeo non é so unha norma legal, senón un reflexo desta demanda social de prácticas éticas e responsables no manexo do animal”. “A creación destes postos de control reducirá o estrés e o sufrimento durante o transporte, o que mellora a calidade do produto final”, dixo.

Así mesmo, Viso indicou que “outro aspecto clave é a saúde pública, porque contar con postos de control axeitados permitirá inspeccionar regularmente o estado dos animais, detectando posibles problemas sanitarios antes de que se convertan en ameazas”.

COMPETITIVIDADE DO SECTOR GANDEIRO

“E, por último, está a competitividade do sector gandeiro, xa que cumprir coas normativas europeas é clave para poder seguir exportando a mercados internacionais”, sinalou o portavoz popular. Deste xeito, afirmou que, “se non contamos coas infraestruturas necesarias nos portos, arriscámonos a perder competitividade, a que os nosos produtos sexan axeitados ou que os operadores busquen alternativas noutros países”.

Miguel Viso fixo referencia á situación que existe no porto de Alxeciras, o porto máis empregado polos operadores galegos par as exportacións de gando cara a terceiros países, que non conta coas infraestruturas necesarias para cumprir co Regulamento europeo. “Pero esta situación tamén se pode trasladar a outros portos, como Tarragona ou Cartaxena, que presentan carencias graves nas infraestruturas necesarias para o control do gando”, rematou.

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”

O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a única prioridade de Pedro Sánchez é a súa propia supervivencia” e non a das familias nin a dos comerciantes que madrugan cada mañá para vender os seus mellores produtos.

En declaracións aos medios antes de realizar unha visita á Praza de Abastos de Santiago de Compostela acompañada polo presidente local do PP, Borja Verea, a número dous dos populares galegos lamentou que o Goberno “non está axudando ás familias e ás pequenas empresas que ven como cada día ascende o custo da cesta da compra”.

“Non se entende que o Goberno central que máis impostos recada da historia decidira esta semana que os galegos e galegas, e todos os españois, paguemos máis IVE en alimentos básicos”, asegurou ao tempo que remarcaba que os alimentos se teñen encarecido un 35% máis nos últimos tempos.

Paula Prado volveu insistir na demanda de rebaixar o IVE de máis alimentos básicos como o peixe –“cuxo consumo segue baixando”, apuntou– a carne ou as conservas. Unha medida á que o Goberno de Sánchez se ten oposto de xeito reiterado “a pesar de que tanto o Parlamento de Galicia como o Congreso dos Deputados lle trasladaron este mandato”.

“Sánchez non está preocupado pola supervivencia das familias, nin das pequenas e medianas empresas. Só está preocupado pola súa propia supervivencia e o único que abarata son os votos do independentismo”, concluíu a secretaria xeral.

O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte

O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte, establecendo os dereitos e obrigas dos profesionais e os requisitos para o desenvolvemento das diferentes actividades. Así mesmo, determinará a reserva de actividades da profesión titulada e colexiada dos licenciados en educación física e en ciencias da actividade física e do deporte.

“Entendemos que Galicia debe esperar á aprobación desa normativa estatal que dote de seguridade xurídica aos axentes deportivos antes de redactar unha lexislación autonómica, toda vez que esa norma do Estado establecerá o réxime básico e xeral de aplicación para o conxunto do territorio nacional e se evitarán posibles contradicións e outras problemáticas que afecten aos profesionais”, explicou o deputado popular.

Pablo Prieto recordou que a aprobación desta Lei de profesións do deporte “é unha das tres reformas ás que se comprometeu o Goberno de Pedro Sánchez para a recepción dos 300 millóns de euros procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia no ámbito deportivo, xunto coa Lei do deporte e a Estratexia nacional do fomento do deporte contra o sedentarismo e a inactividade física”.

De xeito paralelo, afirmou que a Xunta, no ámbito das súas competencias e da man dos axentes afectados, “debe continuar traballando para que a práctica do deporte en Galicia se realice nas máis óptimas condicións de seguridade para os deportistas, o que inclúe outros aspectos como o aseguramento obrigatorio establecido na Lei do deporte de Galicia”.

O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil

O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos concellos coa dotación de medios e axudas económicas para a prestación dos servizos de Protección Civil, dada a importante labor que prestan á cidadanía.

O deputado popular Ángel Rodríguez salientou que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil “son especialmente importantes, tanto nas tarefas de prevención como nas intervencións directas en situacións de emerxencia”. Así, destacou o “incremento de servizos que se está a dar para estas agrupacións, tanto en colaboración en emerxencias como en eventos programados, ben sexan deportivos, concertos, desfiles ou calquera outro acto que supoña aglomeración de persoas”.

“A importancia desa labor desenvolvida polas agrupacións de voluntarios de protección civil fixo medrar a súa presenza en Galicia ata a cifra histórica dos 235 colectivos en 2023”, destacou o deputado popular, quen apuntou que ao longo do pasado ano realizaron 48.179 operativos, cunha media diaria de 132 intervencións. Estas actuacións centráronse na súa meirande parte en accidentes de tráfico, case o 35 por cento; ademais de incidentes relacionados con animais, incendios, rescates e operativos sanitarios e de seguridade.

DEDICACIÓN

Ángel Rodríguez apuntou que “o 25 por cento das actuacións realizadas polas agrupacións de voluntarios de protección civil tiveron lugar en fins de semana e datas específicas, o que demostra a dedicación destes colectivos nos momentos de maior necesidade”.

Para rematar, o deputado popular referiuse ás diferentes liñas de axuda que a Xunta ten a disposición das agrupacións de voluntarios de protección civil, que supuxeron un investimento de 20 millóns de euros nos últimos anos. En concreto, lembrou que o pasado 2 de agosto publicáronse as axudas para equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de municipios galegos que conten con agrupacións de voluntarios de protección civil, que conta cun orzamento superior aos 450.000 euros. Ademais, existe unha liña de axudas anual destinada ao mantemento da actividade destas agrupacións de voluntarios, que ascende a 340.000 euros e que este ano beneficiou a preto de 200 colectivos.

A estas axudas para o equipamento, Ángel Rodríguez sumou as actividades de formación realizadas a través da Academia Galega de Seguridade Pública. Así, ao longo do pasado ano celebráronse case un cento de accións formativas nas que participaron arredor de 2.000 voluntarios.

Balseiro exige la llegada del AVE a Lugo y denuncia la discriminación que sufre la provincia

El senador del PP, José Manuel Balseiro, resalta que Lugo “es la única provincia gallega a la que no llegan los trenes AVE y es la única capital privada de este servicio ferroviario”, por lo que exige la construcción de las variantes ferroviarias necesarias para que el AVE llegue a Lugo y denuncia la “evidente discriminación” que sufre la provincia gallega en materia ferroviaria.

Así lo ha reclamado hoy durante el debate de una moción del PP en la Comisión de Transportes del Senado, que ha sido aprobada a pesar del voto en contra del PSOE.

José Manuel Balseiro resalta que Lugo “es la única provincia gallega a la que no llegan los trenes AVE y es la única capital privada de este servicio ferroviario. Lugo no merece el trato injusto, discriminatorio y cruel con el que nos castiga el Gobierno de Sánchez”, remarca.

Recuerda que el Gobierno de Rajoy dejó presupuestadas en 2018 las variantes ferroviarias de Os Peares-Canabal y Rubián, ambas en la línea ferroviaria entre Lugo y Ourense y “que harían posible que los trenes AVE circulasen por la provincia de Lugo”.

“La construcción de estas nuevas infraestructuras era firme e irrenunciable, pero una de las primeras decisiones de Sánchez tras la moción de censura que le aupó a la Moncloa, fue anular estas variantes, paralizar su tramitación y no presupuestarlas”, denuncia el senador popular.

Critica que el PSOE decidiera “dejar a Lugo sin AVE”, tras lo que subraya que “la discriminación que sufre Lugo en materia ferroviaria llega hasta tal punto que sigue perdiendo servicios directos y conexiones con otros territorios”.

En este sentido, Balseiro explica que mientras “en 2001 salían 15 trenes diarios de la ciudad de Lugo, hoy tan solo salen 6; ha dejado de operar uno de los 4 trenes diarios que nos unían con Madrid; y ya no es posible desplazarse por ferrocarril a destinos que antes si lo eran, como Cataluña o País Vasco”.

Además, asegura que “la propia Renfe obliga a un viaje de 800 km para llegar a León, cuando esta ciudad está a menos de 200 km de Lugo y, por si esto no fuera suficiente, muchas de las líneas ofertadas pasaron de ser servicios directos a prestarse con trasbordos, que suelen ser más caros”.

Reprocha al PSOE que esté “conforme” con esta situación y reclama explicaciones sobre las inversiones en la provincia, insuficientes para que llegue el AVE a Lugo. “No permitamos que el Gobierno de Sánchez nos convierta en ciudadanos de segunda en cuestiones ferroviarias”, concluye José Manuel Balseiro.

O Parlamento galego pide ao Goberno central que active as medidas de flexibilidade, simplificación e exención previstas no regulamento europeo de control da pesca

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que active as medidas de flexibilidade, simplificación e exencións previstas no regulamento europeo de control da pesca, particularmente o relativo aos sistemas de vixilancia e control mediante cámaras de televisión de circuíto pechado, a xeolocalización e a declaración previa de desembarque.

O portavoz do Mar do Grupo Popular, Miguel Fidalgo, lembrou que “o Regulamento Europeo 1224/2009 establece o réxime comunitario de control para garantir o cumprimento da Política Pesqueira Común, unha normativa que se atopa nun proceso de revisión de gran calado co obxectivo de mellorar e actualizar o réxime de control para harmonizar os sistemas de inspección pesqueira dos estados membros”.

“A frota costeira artesanal de Galicia mantivo paradas e amarres consecutivos para manifestar a súa oposición ao acordo alcanzado no Parlamento europeo e en demanda dunha flexibilidade das condicións que finalmente deben plasmarse no texto do regulamento”, explicou o portavoz popular.

CONTACTOS ENTRE A XUNTA E O GOBERNO CENTRAL

Diante desta situación, a Xunta trasladou ao Goberno de España un total de 23 propostas, entre as que se atopa a exención de determinadas categorías de buques pesqueiros da obriga de completar e presentar unha notificación previa e unha declaración de transbordo; a exención para determinadas poboacións da obriga de estibar por separado as poboacións das especies que viven no fondo do mar suxeitas a plans plurianuais; as normas sobre procedementos de pesada e as normas especiais relativas ás pequenas especies peláxicas; as normas sobre os observadores encargados do control; ou as normas sobre inspeccións das autoridades competentes dos Estados membros e dos operadores.

Así mesmo, Miguel Fidalgo lembrou que a Xunta mantivo un encontro o pasado 25 de setembro con responsables do Ministerio de Pesca co obxectivo de abordar as novidades do novo regulamento de control de pesca. Neste encontro acordouse iniciar o proceso para articular medidas de flexibilización, simplificación e exención previstas no propio regulamento comunitario; valorouse a posibilidade de flexibilizar a xeolocalización para os buques de eslora inferior aos 9 metros; tratáronse aspectos relacionados co diario electrónico; e constituíronse dous grupos de traballo, un para a pesca profesional e outro para a pesca deportiva.

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá no Pleno da vindeira semana para informar das liñas estratéxicas dos orzamentos da Xunta para 2025 e os proxectos de lexislatura

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá no Pleno da vindeira semana, a petición propia, para dar conta dos principais eixos e liñas de estratéxicas dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2025, así como os proxectos de lexislatura nos que traballa o Goberno galego.

Na mesma sesión, o Grupo Popular demandará ao Goberno central que cumpra o compromiso de cofinanciar ao 50 por cento a atención á dependencia e abone á Xunta os máis de 2.500 millóns de euros que lle debe por este servizo; así como que intensifique a posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Alberto Pazos, salientou que Galicia “volverá a cumprir cos seus compromisos e os galegos volverán a ter, un ano máis, orzamentos da Xunta en tempo e forma”. “Namentres, a nivel estatal temos un Goberno que é o máis claro exemplo de dependencia e sometemento á chantaxe dos seus aliados independentistas, obrigado a negociar o seu teito de gasto cun fugado da Xustiza e, ao mesmo tempo, mirar de non molestar aos seus aliados de Esquerra Republicada ou de Bildu para que non se enfaden e lle retiren o seu apoio”, indicou.

O BNG, SUMISO A PEDRO SÁNCHEZ

Neste escenario, Pazos explicou que “o único que pinta neste xogo o BNG é entregarlle sumisamente o seu voto a Pedro Sánchez, para que siga desprezando a Galicia e negándolle os investimentos que son necesarios para levar adiante proxectos estratéxicos”.

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará ao Goberno de España que cumpra co recollido no Real Decreto 675/2023, polo que se regulan as prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, cofinanciando o 50 por cento da prestación aos dependentes e saldando a débeda de máis de 2.500 millóns de euros que ten con Galicia pola falta de entrega dese cofinanciamento desde a aprobación da Lei de dependencia do ano 2006.

A modo de exemplo, o portavoz popular lembrou que o nivel mínimo que se paga por cada persoa atendida mensualmente debe financialo a Administración Xeral do Estado. “Porén, dos 100 euros que debera achegar para o grao I, só aporta 76 euros; e tan só 130 euros para o grao II cando debera aportar 150 euros, o que supón que, desde a entrada en vigor do citado Real Decreto, a débeda con Galicia polo impago das contías mínimas ascenda a 12,3 millóns de euros adicionais”. sinalou.

“Esta débeda sube cada mes na medida en que a Xunta de Galicia, cumprindo coas súas obrigas, incrementa mensualmente o número de persoas atendidas”, dixo Alberto Pazos, quen afirmou que “estamos fartos de que tanto BNG como PSdeG se presenten ante a cidadanía como os grandes defensores dos dereitos sociais, pero se poñan de parte do Goberno de Pedro Sánchez á hora de reclamar o que lle corresponde a Galicia, e que está a obrigar á Xunta a levar adiante un importante esforzo orzamentario que, en realidade, non lle correspondería”.

CONEXIÓN FERROVIARIA GALICIA-PORTUGAL

A segunda das proposicións non de lei que o Grupo Popular leva ao vindeiro Pleno ten que ver coa mellora das comunicacións ferroviarias e pídese ao Goberno central que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, para o que é imprescindible e urxente un calendario coas actuacións e investimentos precisos para facelo realidade no prazo máis breve posible. En particular, Pazos referiuse á necesidade de adecuar unha reserva orzamentaria suficiente para acometer a Saída Sur de Vigo; e avanzar no tramo que vai entre Porriño e a fronteira portuguesa

“Estamos a falar dun proxecto longamente demandado non só pola Xunta de Galicia, senón tamén pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, ademais doutros actores do tecido social e económico galegos, como a Confederación de Empresarios; as deputacións provinciais de Lugo, Pontevedra e Ourense; a Fegamp; ou as agrupacións europeas de cooperación territorial Norte de Portugal, Río Miño e Chaves-Verín”, afirmou.

Alberto Pazos considerou “lamentable que desde o Goberno de Pedro Sánchez estase a facer oídos xordos a esta demanda, unha postura totalmente contraria á defendida polo Goberno portugués, que si está a avanzar na planificación desta conexión ferroviaria”

No que respecta ás preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase no Pleno sobre o desenvolvemento da proposta de gratuidade da matricula universitaria, coa que Galicia se situou como a primeira comunidade que permite cursar un grao de xeito gratuíto desde o primeiro ata o último curso; sobre o proceso para conseguir a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial; e sobre o programa de experiencias curtas de aprendizaxe ou microformacións impulsado pola Xunta, unha iniciativa estratéxica para incrementar as oportunidades de emprego das persoas traballadoras e ofrecer solucións efectivas e inmediatas para cubrir as vacantes existentes no mercado de traballo.

O Parlamento galego pide ao Goberno central que renuncie a calquera iniciativa que restrinxa o consumo de peixes e conservas

O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular, que non foi apoiada polo PSdeG, a través da que se pide ao Goberno central que renuncie a calquera iniciativa dirixida a restrinxir o consumo de peixes e conservas, en particular a pretendida limitación destes alimentos nas racións dos comedores escolares, por ser contraria ás recomendacións científicas que aconsellan promover unha dieta saudable entre as persoas consumidoras, especialmente entre as xeracións máis novas.

Ademais, demándase que reconsidere a súa decisión de excluír aos peixes e mariscos da rebaixa do IVE que se aplica a outros alimentos básicos e promova accións e campañas específicas dirixidas a incentivar o consumo de produtos do mar en atención ás súas bondades nutricionais e para impulsar a actividade e ingresos do sector marítimo-pesqueiro, nun contexto de redución da demanda.

A deputada popular Dolores Hermelo lembrou que “a Organización Mundial da Saúde e varios organismos nacionais e internacionais recomendan o consumo de peixe, constatando con evidencias o gran beneficio sobre a saúde que ten, debido fundamentalmente ao seu contido en ácidos graxos e proteína magra”.

LIMITAR O CONSUMO DE PEIXE NOS COMEDORES ESCOLARES

Neste sentido, considerou que “non é de recibo que, nun ano no que todos os axentes do sector están a traballar para poder remontar os consumos de produtos da pesca, un ministro do Goberno de Pedro Sánchez estea a traballar nunha proposta normativa para limitar o consumo de peixe nos comedores escolares”. “Desde o sector, e desde entidades como pode ser Conxemar, nos avisan de que este tipo de iniciativas nas que se ataca ao consumo de produtos do mar o único que fan é danar ao sector”, apuntou.

Dolores Hermelo pediu ao Ministerio que “non sexa frívolo con este tema e se alinee cun sector que precisa ensalzar o seu valor, porque o peixe é un alimento que debe formar parte sempre de calquera dieta saudable”.

Así mesmo, a deputada popular lembrou que “desde hai ano vimos pedindo de xeito reiterado que se inclúa o peixe na excepción do IVE, porque para o Goberno de Pedro Sánchez os peixes e mariscos non son considerados un alimento esencial, polo que non se inclúen na rebaixa do IVE que si teñen as pastas e os aceites”.

“Ante a negativa do Goberno central a eliminar o IVE a peixes e mariscos, Galicia seguirá traballando no fomento do consumo de peixes e mariscos, en fresco ou en conserva a través de campañas dirixidas á promoción destes produtos, fomentando unha cultura alimenticia na que o criterio da orixe determina a calidade como factor decisivo á hora de realizar unha elección na compra”, rematou.