Las comunidades gobernadas por el PP, entre ellas Galicia, exigen a Mónica García una reunión urgente ante la falta de médicos

Los consejeros de Sanidad del Partido Popular han pedido a la ministra Mónica García una reunión “urgente” y presencial del Pleno del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud (CISNS) para abordar la ampliación del número de plazas de formación para Medicina Familiar y Comunitaria y los criterios de financiación del Plan de Acción de Atención Primaria y Comunitaria 2025-2027.

Las comunidades gobernadas por el PP, entre ellas Galicia, han remitido un escrito al Ministerio en el que recogen que la inacción del equipo encabezado por García en este sentido repercute de forma negativa en el bienestar de los españoles y en su derecho a la protección de la salud, mientras que desde las CCAA se están tomando las medidas correspondientes dentro de sus competencias.

Los consejeros explican que en las reuniones de la Comisión de Atención Primaria y Comunitaria (CAPYCO) del CISNS celebradas en noviembre de 2024 y en enero de este año ya se han abordado los criterios para la financiación del Plan de Acción de Atención Primaria y Comunitaria 2025-2027, por lo que convendría elevar cuanto antes una propuesta al pleno del CISNS.

Los consejeros explican que de nada les sirve elaborar propuestas, recomendaciones y participar en votaciones, si desde el Ministerio no se actúa para resolver el problema más urgente que tiene la Sanidad española, la falta de profesionales sanitarios.

Además, en la carta remitida por los consejeros del PP se recoge que “desde su propio Ministerio se ha reconocido la necesidad de incrementar un 10% las plazas MIR de Medicina Familiar y Comunitaria para llegar a 2.741 plazas en 2024. Sin embargo, las plazas que se ofertaron en 2024 fueron 2.492 y en 2025 solo se ofrecen 16 más”.

Los consejeros terminan su escrito explicando que “dada la relevancia de ambos temas y en base al artículo 13 del reglamento del CISNS”, piden a la ministra “que convoque un Pleno del CISNS presencial a la mayor brevedad posible”.

El PP pedirá el próximo miércoles en el Senado la salida del lobo del Lespre y exige al Gobierno que defienda a la ganadería y “no mire hacia otro lado”

La vicesecretaria de Desarrollo Sostenible, Paloma Martín, ha adelantado hoy en Oviedo que el PP ha presentado enmiendas en la Ley de Desperdicio Alimentario, que se debatirá el próximo miércoles en el Senado y que incluyen la salida del lobo del Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial (Lespre).

Señala que los grandes perjudicados por la falta de control del lobo son los ganaderos y el medio rural y recuerda que se han publicado noticias en las que se alertaba de presencia de lobos cerca de un colegio de Cantabria. “¿Quién va a proteger a las personas?”, pregunta.

Explica que la población de lobo se ha incrementado en un 12% y las muertes provocadas por los ataques de las manadas han alcanzado los 15.500 animales en rebaños españoles.

“Las CCAA donde gobierna el PP han levantado la voz contra el lobo y le han pedido al Gobierno que tome medidas”, afirma.

Subraya que la Comisión de seguimiento del Convenio de Berna ha aprobado reducir el estatus de protección del lobo en toda Europa, pero el Gobierno “mira hacia otro lado y tiene que tomar decisiones ya”.

Paula Prado felicita a Mariña Gueimunde en Viveiro e anuncia que estará mañá no Foro de Alcaldesas do PPdeG

O PPdeG celebra a investidura de Mariña Gueimunde como nova alcaldesa de Viveiro na medida en que con ela suman xa 29 rexedoras (6 na provincia de Lugo e 2 na Mariña lucense) e se consolida como o partido con máis mulleres á fronte dos concellos en Galicia.

Esta mañá a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, asistiron ao Pleno de investidura no que a gañadora das pasadas eleccións municipais resultou elixida alcaldesa para trasladarlle a Gueimunde a mellor das sortes nesta nova etapa.

As dúas dirixentes consideran significativo que, ás portas do Día Internacional da Muller, o partido vaia sumar unha alcaldesa máis e, de feito, Paula Prado anunciou que na reunión do Foro de Alcaldesas que se celebrará mañá en Boimorto a nova rexedora viveirense estará tamén presente.

A número dous do PPdeG considera que a moción de censura foi unha decisión tomada desde a responsabilidade e co obxectivo de darlle un impulso a Viveiro ante un goberno que estaba paralizado e non atendeu as necesidades dos veciños. “Ao final estase descubrindo o que xa se sabía: que os pactos de perdedores non son bos para a cidadanía”, asegurou.

Alberto Pazos demanda ao Goberno central “a mesma dilixencia que amosa con Cataluña e o País Vasco coa transferencia de novas competencias a Galicia, como meteoroloxía ou ingreso mínimo vital”

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe ao Goberno de España “a mesma dilixencia que amosa con Cataluña ou o País Vasco cando Galicia lle solicite o traspaso das competencias en meteoroloxía ou cando insistamos na cesión do ingreso mínimo vital, sen esquecer as transferencias pendentes tanto da AP-9 como dos medios humanos e materiais para exercer as competencias sobre o litoral galego”. Así mesmo, Pazos informou da constitución no Parlamento galego, a solicitude dos catro grupos parlamentarios, das comisións non permanentes de igualdade e de discapacidade.

Alberto Pazos afirmou que a delegación de competencias en materia de inmigración ao Goberno de Cataluña “ataca directamente os principios recollidos na Constitución Española e a unidade de España, comprometendo a seguridade nacional”, e considerou inexplicable esta decisión do Goberno de Pedro Sánchez cando “non hai moito consideraba indelegable esta competencia porque está recollida no artigo 149 da Constitución Española”.

SITUACIÓN POLÍTICA E INSTITUCIONAL ALARMANTE

“España vive unha situación política e institucional alarmante porque esta cesión en materia de inmigración a Cataluña súmase ás xa consumadas da amnistía aos autores do intento de golpe de Estado independentista ou da imposición dunha condonación da débeda ás comunidades autónomas, un ataque directo á responsabilidade e ao cumprimento das obrigas de déficit e débeda que asumiron nos momentos de grave crise económica comunidades como Galicia e que premia a comunidades, como Cataluña, que destacaron polo seu despilfarro e gasto ineficaz en referendos ilegais ou na apertura sen sentido algún de embaixadas por medio mundo”, manifestou.

En concreto, asegurou que esta condonación da débeda ás comunidades autónomas é “un negocio ruinoso para Galicia, xa que somos a comunidade que recibe unha menor condonación da débeda por habitante axustado: 1.369 euros fronte a 1.892 euros de media para o conxunto das comunidades, e case 1.000 euros menos por habitante que vai recibir cada catalán, valenciano ou andaluz”.

REFORMA DO SISTEMA DE FINANCIAMENTO

“O que realmente interesa ás comunidades autónomas neste momento é unha reforma do sistema de financiamento autonómico, que recolla expresamente as peculiaridades de cada comunidade para financiar a prestación dos servizos públicos nas mesmas condicións en calquera punto da xeografía española”, subliñou.

Alberto Pazos criticou que “o Goberno de Pedro Sánchez é unha marioneta nas mans dos independentistas cataláns e vascos, e a mellor demostración disto son as constantes cesións a todo o que lle piden para poder manterse na Moncloa”. Así, referiuse ao acordo asinado onte para o traspaso ao País Vasco das competencias sobre os permisos de traballo para estranxeiros e sobre meteoroloxía, polo que demandou ao Goberno de España “que trate a Galicia do mesmo xeito que a Cataluña e o País Vasco e atenda as nosas demandas de novas transferencias”.

“Resulta lamentable a facilidade coa que o Goberno de Pedro Sánchez accede á cesión de competencias a Cataluña e o País Vasco e pouca disposición que amosa cando falamos de traspasar competencias para Galicia, porque non fai falta lembrar as 22 prórrogas que leva nesta lexislatura no Congreso a tramitación da proposición de lei para a transferencia da AP-9 á Comunidade galega ou as voltas que lle están dando para, logo de conseguir que o Tribunal Constitucional lle dera a razón a Galicia hai case un ano, facer efectiva a transferencia á nosa comunidade do persoal e os medios materiais necesarios para exercer as competencias sobre o noso litoral”, explicou.

NOVAS COMISIÓNS NON PERMANENTES

Por outra banda, o portavoz popular informou que os catro grupos parlamentarios deste Parlamento rexistraron a solicitude para a creación da Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade; e da Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres.

En concreto, Pazos apuntou que o obxectivo coa Comisión de discapacidade é rematar a elaboración do ditame que xa se comezou a elaborar na pasada lexislatura, mentres que no caso da Comisión de Igualdade “queremos abordar unha nova fase, unha vez completado o plan de traballo desenvolto durante a pasada lexislatura con retos a afrontar logo da pandemia da Covid-19, na que dar un paso máis e afondar na posta en marcha de medidas que avancen cara unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, sobre todo no ámbito laboral, e na loita contra a violencia de xénero, onde Galicia xa se converteu nun referente a nivel estatal na atención ás vítimas”.

NACIONALISMO MACHISTA E SECTARIO

“Todo isto, nunha semana que remata coa celebración mañá do Día Internacional da Muller, unha xornada que, para o Grupo Popular, ven empanada pola negativa persistente do BNG, e da súa voceira especialmente, a condenar a noxenta campaña machista da CIG contra a conselleira de Política Social”, lamentou o portavoz popular.

Neste sentido, avanzou que “seguiremos insistindo unha e outra vez, e así o faremos no Pleno da vindeira semana a través dunha proposición non de lei, ata que as deputadas do BNG recapaciten e tomen conciencia da pésima imaxe que están trasladando a todas as galegas dun nacionalismo machista e sectario, e que amosa o seu sometemento ao que ditan desde os seus cuarteis os coroneis da CIG e da UPG”.

Os do non a todo en Galicia e si a todo en Madrid

Paula Prado.

España ten 17 comunidades autónomas, pero hai moito tempo que para o Goberno central só existe unha: Cataluña. Máis concretamente, só existe o independentismo catalán. O resto, Galicia incluída, importamos pouco a Pedro Sánchez e aos seus ministros, sobre todo naqueles territorios nos que o Partido Popular está á fronte.

A pasada semana pasou algo inédito: o luns tivemos que saber por Oriol Junqueras das negociacións sobre a condonación da débeda e, dous días máis tarde, vimos como Esquerra se encargaba de redactar a orde do día do Consello de Política Fiscal e Financeira. Pero, en ningún caso, Galicia pode ser comparsa do Entroido do independentismo catalán, e por iso o conselleiro Miguel Corgos, coa súa veteranía nestas trincheiras, levou a voz cantante e dixo “ata aquí”.

Máis que de condonar, estamos falando de condenar. Aceptaría vostede unha quita de 4.000 euros na súa hipoteca a cambio de firmar unha tarxeta revolving ou un préstamo lixo de 6.000 euros? Aceptaría esa quita de 4.000 euros na súa hipoteca mentres o seu irmán, que malgastou os aforros familiares, recibe un regalo de 100.000 euros? Quen no seu xuízo diría que si a calquera de ambas preguntas? Confiaría vostede a súa economía a quen lle recomendase esta ruína? Poría as contas de Galicia, a súa facenda pública, nas mans de alguén así?

A pesar do que afirma o Goberno de Sánchez, non se vai condonar nin un só euro: vaise trasladar a débeda e mutualizala entre todos os españois, con independencia da xestión de cada goberno autonómico. Por iso, por suposto que é un negocio que a Galicia non lle convén. Quen diga que con isto gañamos algo, ou non sabe facer as contas ou, directamente, non está a contar a verdade.

Non podemos defender que a nosa comunidade teña que cargar con 600 millóns de débeda pública de todas as comunidades a cambio de aforrarse 42 millóns en xuros. Porque a débeda non desaparece, senón que se asumirá entre todos os españois e, de feito, suporá que cada galego deba pagar 220 euros máis. E por moito que a oposición insista nos seus argumentos, a condonación non implica nin un euro máis de nova capacidade de gasto, e non se pode reinvestir en educación ou sanidade.

Pero, lamentablemente, o BNG e o PSdeG están encantados de participar do Entroido independentista. Ana Pontón e Xosé Ramón Gómez Besteiro din non a todo en Galicia e si a todo en Madrid, contribuíndo co seu servilismo a soster o goberno máis lesivo para a nosa comunidade autónoma desde a restauración da democracia. As galegas e os galegos dixémolo claro o 18 de febreiro de 2024 e dicímolo claro hoxe: si a Galicia!